Mostrando entradas con la etiqueta represión. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta represión. Mostrar todas las entradas

domingo, 28 de agosto de 2011

India: Fixan data para a execución de tres activistas acusados do atentado no que morreu o premier Rajiv Gandhi.

correovermello-noticias.
Nova Dheli, 28.08.11

A axencia IANS da conta que se ten fixado a data do 9 de setembro para a execución de tres activistas vinculados aos Tigres de Tamil Nadu, condeados a morte polo atentado que no 1991 costou a vida ao premier hindú Rajiv Gandhi.
As autoridades da cadea de Vellore, no Estado de Tamil Nadu teñen comunicado que os activistas serán aforcados, despois que a reaccionaria Presidenta da Unión India, Pratbha Patil, recheitara o pasado dia 11, unha petición de clemencia.
Os compañeiros  Murugan, Santhan y Perarivalan, foron condeado a morte, por un tribunal especial, no 1998 por ter participado na conspiración que costo a vida ao premier hindú, nun atentado suicida executado por unha muller.
Según fontes da axencia diversos políticos e organizacions sociais do Estado de Tamil Nadu, teñen reclamado as autoridades da Unión paralicen a mesma.
As criminosas autoridades hindúes pretenden asasinar a decenas de presos políticos, acusados baixo falsos cargos aplicando condeas de morte.

miércoles, 17 de agosto de 2011

India: Asasinada activista social en Bhopal

correovermello-noticias. New Dheli, 17.08.11
BBC news informa que a coñecida activista Shehla Masood foi asasinada dun disparo, mentras se dirixia no seu carro a unha concentración contra a corrupción. Os feitos ocurriron na cidade india de Bhopal.
Masood, que dirixia unha empresa de xestión de actividades, tiña  presentado numerosas solicitudes para ter acceso a información gubernamental, invocando el Derecho a la Información*, relacionadas co medio ambente e a fauna. Ela mesma tiña denunciado as autoridades que "temia pola sua vida".

*Según a constitución da Unión India os cidadans poden ter libre acceso a información gubernamental.

martes, 9 de agosto de 2011

India: Autoridades reaccionarias de Andhra Pradesh prolongan ilegalización dos maoístas.

Unha noticia da axencia Espress News Service desde Hydebara, informa que as autoridades do Estado de Andhra Pradesh teñen decidido prolongar a ilegalización do PCI (maoísta) e de seis organizacións cercanas ao mesmo.
A prohibición do PCI (maoísta) data do 17 de agosto 2005, tras o fracaso de unhas conversacións coas autoridades e que remataron tras o mortal atentado contra un membro do Congreso e outras nove persoas, no distrito de Mahabubnagar, atribuido aos maoístas.
As autoridades reaccionarias afirman que as accions dos naxalitas teñen decendido neste Estado este pasado ano, despois das detencións de sus principais dirixentes.