domingo, 28 de agosto de 2011

India: Fixan data para a execución de tres activistas acusados do atentado no que morreu o premier Rajiv Gandhi.

correovermello-noticias.
Nova Dheli, 28.08.11

A axencia IANS da conta que se ten fixado a data do 9 de setembro para a execución de tres activistas vinculados aos Tigres de Tamil Nadu, condeados a morte polo atentado que no 1991 costou a vida ao premier hindú Rajiv Gandhi.
As autoridades da cadea de Vellore, no Estado de Tamil Nadu teñen comunicado que os activistas serán aforcados, despois que a reaccionaria Presidenta da Unión India, Pratbha Patil, recheitara o pasado dia 11, unha petición de clemencia.
Os compañeiros  Murugan, Santhan y Perarivalan, foron condeado a morte, por un tribunal especial, no 1998 por ter participado na conspiración que costo a vida ao premier hindú, nun atentado suicida executado por unha muller.
Según fontes da axencia diversos políticos e organizacions sociais do Estado de Tamil Nadu, teñen reclamado as autoridades da Unión paralicen a mesma.
As criminosas autoridades hindúes pretenden asasinar a decenas de presos políticos, acusados baixo falsos cargos aplicando condeas de morte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario