sábado, 5 de marzo de 2011

India: traballadores despedidos dunha fábrica queiman vivo un dos seus xefes.




NOVA DELHI, 4 Marzo

Un grupo de traballadores despedidos recentemente queimou vivo un dos directivos da fábrica de aceiro do leste de India onde estaban empregados.

Radheshyam Ray, subdirector xeral da empresa acerera privada Powmex Steels, saía este xoves da fábrica, cando entre 20 e 25 persoas --algunhas das cales recibiran cartas de despedimento ese mesmo día-- rodearon o seu coche. Os feitos aconteceron na cidade de Titlagarh, no distrito de Bolangir (estado de Orissa).

Segundo o policía Gananath Joshi, os traballadores, que estaban na rúa realizando un acto de protesta, pediron ao condutor e a outro home que acompañaba a Ray que saísen do vehículo, que regaron con gasolina e queroseno" para logo "prenderlle lume". "Tiña queimaduras en máis do 90 por cento do corpo", precisou.

A doutora Usharani Das, do Hospital Principal de Bolangir, declarou que só os pés do home se libraron do lume. "Non" había "ningunha posibilidade de que sobrevivise", concluíu.

O superintendente da Policía do distrito, A. K. Sarangi, informou da detención de catro persoas en relación co ataque e dixo que se está a intentar arrestar outros 20 ou 30 sospeitosos.

Os oprimidos que sofren a diario a violencia e explotación dos cans capitalistas de cando en vez se lles esgota a paciencia e descargan toda a súa rabia contra os seus opresores.


Fonte Odio de Clase.

No hay comentarios:

Publicar un comentario