sábado, 12 de febrero de 2011

Chhattisgarh: Tribunal Popular libera a cinco polícias detidos.

New Delhi, 11.02.11
Fontes da prensa hindú informan da liberación de cinco efectivos policiais que foran detidos pola guerrilla naxalita o pasado 25 de xaneiro, mentras viaxaban nun autobus no distrito de Narayanpur.
Un Tribunal Popular, Jan Adalat, organizado polos maoístas, no que participaron mais dun millar de campesiños decidiu a sua liberación por non ter causas contra o pobo.
Os cinco detidos foron entregados a unha comisión de activistas pro dereitos humans que estivo presente no xuizo popular.

Correo Vermello /noticias

No hay comentarios:

Publicar un comentario