Unha noticia da axencia Espress News Service desde Hydebara, informa que as autoridades do Estado de Andhra Pradesh teñen decidido prolongar a ilegalización do PCI (maoísta) e de seis organizacións cercanas ao mesmo.
A prohibición do PCI (maoísta) data do 17 de agosto 2005, tras o fracaso de unhas conversacións coas autoridades e que remataron tras o mortal atentado contra un membro do Congreso e outras nove persoas, no distrito de Mahabubnagar, atribuido aos maoístas.
As autoridades reaccionarias afirman que as accions dos naxalitas teñen decendido neste Estado este pasado ano, despois das detencións de sus principais dirixentes.
martes, 9 de agosto de 2011
miércoles, 3 de agosto de 2011
Novos apoios a guerra popular na India.
Recentemente tense constituidos novos comités de apoio a revolución na India.
Na cidade colombiana de Cali se formo, o pasado 22 de xullo, o Comité de Apoyo a la Revolución en la India (C.A.R.I) que levara a cabo tarefas de difusión e propaganda nesta importante cidade de Colombia.
Asi mesmo no Estado español, diversas organizacions e colectivos da castela entre eles Comunistas de Castilla-Bandera Roja, Reconstrucción Comunista (Madrid) e Movimiento por el Internacionalismo Proletario, constituiron o Comité Proletario Internacionalista. Seu voceiro sera o blog Revolución en la India, que dende hai tempo, leva acabo un importante traballo de difusión das noticias da Guerra Popular na India e de apoio ao PCI (maoísta), glorioso destacamento que encabeza a revolución na India.
Con este novo comité, son tres os organismos de apoio a guerra popular na India no Estado español; o Comité Internacional de apoyo a la guerra popular en la India-Estado español, e noso comité que leva adiante campaña internacional na Galiza.
Saudamos estes novos organismos e a seus compañeiras e compañeiros cos cales esperamos ter unha estreita coulaboración.
Asi mesmo informamos a os nosos lectoras e lectores de que estamos a traballar nunha ampla campaña a realizar, en coulaboración co Comité Internacional, nos vindeiros meses.
INDIA: Axustician a tres reaccionarios.-
Patna, 02.08.11
Según informa Assosiated press unha columna da guerrilla maoísta tomo o pasado sabado a localidade de Banda, a 180 km ao oeste da capital estatal, Patna.
Fontes policiais de Chhattisgard, afirman que os naxalitas executaron a tres veciños da localidade acusados de despotas e axentes do goberno.
Importantes destacamentos das forzas represivas foron desplazados a localidade para localizar ao destacamento guerrilleiro.
miércoles, 27 de julio de 2011
India: Declarados ilegais as bandas policiais en Chhattisgarh. EFE.
Unha corte de apelación do Supremo ordenou ao goberno rexional de Chhatisgarh (este) un "cesamento e renuncia" inmediata do recrutamento dos chamados "oficiais especiais de policía" (SPO), en realidade mozos mal equipados que se dedican a loitar contra a insurxencia.
Segundo unha sentenza a raíz do recurso presentado pola profesora universitaria Nandini Sundar, o uso de cidadáns "mal adestrados e sen cualificación" vai contra o mandato "moral e constitucional" do Goberno.
O Goberno de Chhattisgarh deberá agora requisar as armas de fogo e as municións entregadas ao corpo, composto por uns 4.200 membros entre os cales, segundo denuncian distintas organizacións de dereitos humanos, hai tamén menores.
"Trátase dunha vitoria da Constitución e un gran paso adiante. O Tribunal considerou que armar mozos supoñía dividir á sociedade, e oponse a unha solución só militar", valorou a Efe a profesora Sundar.
Con presenza en aproximadamente a metade das 35 divisións administrativas do país, a guerrilla maoísta, coñecida na India como "naxalita", está sobre todo activa no chamado "cinto vermello", unha franxa de territorio que percorre o centro e o leste.
Alí, os rebeldes teñen numerosos campos de adestramento e buscan refuxio sobre todo en zonas boscosas e de difícil acceso, onde contan a miúdo co apoio de sectores da poboación tribal, tradicionalmente discriminada e allea ao desenvolvemento.
O movemento maoísta, que foi cualificado polo primeiro ministro, Manmohan Singh, como a maior ameaza interna do Estado, conta cuns 20.000 guerrilleiros e busca o apoio do campesiñado para implantar unha revolución agraria de corte comunista.
As autoridades cifraron a principios de ano en 1.169 as vítimas mortais rexistradas en 2010 nos enfrontamentos armados entre as forzas de seguridade e os insurxentes.
O Goberno indio descartou ata agora a entrada en liza do Exército para rematar co movemento maoísta, e son as forzas da Policía e os SPO -adestrados durante seis meses- os que ata agora se enfrontaban aos guerrilleiros. EFE
lunes, 25 de julio de 2011
India: Ataque guerrilleiro deixa catro mortos en Raipur.
correovermello-noticias. New Delhi, 25.07.11
A axencia ANSA informa dun ataque da guerrilla maoísta, o pasado xoves, a un comboy de políticos gubernamentais no Estado de Chhattisgarh.
No mesmo viaxaba un significado xefe político local de Raipur, que outras fontes siñalan a Nandkumar Patel, presidente do partido do Congresso in Chhattisgarh que pudo fuxir a emboscada guerrilleira.
Numerosos vehiculos foron destruidos e as autoridades confirman a morte de catro policias e unha ducia de feridos entre eles cinco políticos.
viernes, 15 de julio de 2011
"Merca o libro; Guerra Popular en la India."
Froito da coulaboración entre diversas organizacions de apoio a guerra popular na India do Estado e moi en particular dos camaradas de Cantabria e editado pola editorial comunista Templando el Acero, tense publicado, por primeira vez en castelán, un interesante libro que recolle o testimonio, da coñecida escritora hindú Arundathi Roy, da suas vivencias nas bases de apoio maoístas, así como documentos e declaracións do Partido Comunista da India (maoísta).
Precio: 10 € (incluido gastos de envio)
Pedidos directos ao noso comité; cgaleagoagpindia@gmail.com
domingo, 10 de julio de 2011
India: Guerrilla naxalita executa a soplons.
Correovermello-noticias. New Delhi, 09.07.11 Según axencias noticiosas da india a guerrilla maoista ten executado en diversas localidades a catro informantes da policia e do exercito.
Trataria-se según as citadas fontes de campesiños que colabouraban coas forzas represivas nas suas respectivas localidades de Koraput, Kotgul e Rayagada.
Asi mesmo reporta-se un ataque á comisaria da policia de Machkund, no que resulto morto un efectivo policial.
Tanto o clandestino PCI (maoísta) como o EGPL teñen denunciado o aumento dos efectivos militares en diversos Estados da Unión, que denuncian coma á intensificación daxenocida operación "Green Hunt."
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






