sábado, 20 de abril de 2019

Paris: Charla sobre a Guerra Popular na India e Filipinas



O venres 19 de abril, celebrouse unha charla en Paris, no marco da semana Anti-imperialista, sobre a Guerra Popular na India e Filipinas, onde Christophe Kistler editor do blogue Redspark falou da Guerra Popular nas Filipinas e o antropólogo galego Adolfo Naya falou sobre a Guerra Popular na India.
O  compañeiro Christophe fixo un relato histórico dende o colonialismo Español e posterior ianqui, ate a creación do Partido Comunista das Filipinas e o inicio da Guerra Popular. Aportando datos moi interesantes sobre a situación actual da Guerra Popular e a situación do heroico Novo Exército do Pobo (NPA) que este ano cumpliú o seu 50 aniversario.
O compañeiro Adolfo quixo salientar a importancia de atoparse nunha cidade onde se viviron momentos históricos da loita de clases, como A Comuna de Paris, o Maio do 68, a revolta dos Banlieues e agora cos chaleques amarelos. Asi mesmo recordou a figura do camarada Pierre falecido fai máis de un ano, nun fatal accidente, así como do preso político George Abdallah.
O compañeiro iniciu a súa conferencia reclamando a liberdade inmediata para o profesor GN Saibaba e todos os presos políticos na India e no mundo, facendo fincapé na importancia da solidariedade internacionalista cos presos políticos na India, así como para deter a xenocida Operación "Green Hunt".
Tamén fixo un chamado a solidariedade coa Guerra Popular na India, pola importancia que ten como movemento comunista revolucionario e como presente e futuro dunha loita por unha nova sociedade sen explotación, sen racismo, castas e patriarcado, non só para India senón para todo o mundo. Salientando a importancia da creación de verdadeiros partidos comunistas revolucionarios nos estados imperialistas como unha forma de apoiar a Guerra Popular na India.
Rematou a súa intervención declarandose "Naxalita Urbano" e con un caluroso, Lal Salaam!

No hay comentarios:

Publicar un comentario