viernes, 2 de agosto de 2013

INDIA: Atentado mortal en Chhattisgarh.



correovemello-noticias
New Delhi, 01.08.13
Un reporte da axencia TNN da conta dun atentado maoísta contra un politico dereitista o pasado dia 31 de xullo, no distrito de Solangi Kanker, Bastar, no Estado de Chhattisgarh.
Tratase de Sumat Usendi de 40 anos, curman do ministro de Bosques de Chhattisgarh Vikran Usendi e antigo membro do Kanker Zila Pashanyat. Un comando guerrilleiro disparou sobre o político na sua casa o pasado mercores. Dende o atentado do 25 de maio donde morreron importantes politicos do Partido do Congreso e do asasinato do vice-presidente da Fronte Democrática Revolucionaria, camarada Prasandam, moitos dirixentes reaccionarios teñen abandoado o Estado por temor a ser victimas dos ataques guerrilleiros.
Asi mesmo informase de que unidades femeninas da CRPF seran deplegadas, por primeira vez, nas zonas de combate contra as unidades do Exercito Guerrilleiro Popular de Liberación. Dantewada no Estado de Chhattisgarh é un posible obxetivo desta decision das autoridades reaccionarias do Estado.
Un recente informe do exercito reaccionario da conta da importante participación das mulleres na guerrilla naxalita.




No hay comentarios:

Publicar un comentario