martes, 31 de enero de 2012

Infome das accions da seman internacional na Galiza


Balance sobre a 2ª Semana Internacional
de Apoio á Guerra Popular na India.GALIZA

Actos realizados:
• Reparto de comunicados na Coruña e Santiago de Compostela. Aprox.  300 Uds.
• Pegada de carteis da campaña, versión en inglés e francés, (non foi posible facer unha tradución sobre o mesmo soporte para o galego).
En sitios públicos, autobuses e en centros sociais e institutos de ensino. 
Aprox. 50 Uds. Formato A 4. Autoadhesivas
• Estaba programado un acto en Monforte de Lemos (Lugo) pero problemas co local impediron a súa realización.
Non se fixeron pintadas.
Nas mesmas participaron compañeiros/as do Comité Galego e simpatizantes.
Ningún partido ou organización de ámbito galego apoio a campaña nin se manifestou sobre a mesma. Nas xestións realizadas aínda que se mostraron receptivos non se concretaron en accións por decisión dos mesmos.
Repercusión en mass-media burgueses: Nulo
Na campaña en Galiza, incidió un conflito sindical cos traballadores da Torre de Hércules que motivo o encerro, de cinco días, na mesma dun dos nosos camaradas.
Para o volume poblacional da Galiza as accións propagandísticas foron escasas mais estiveron presentes e diron pulo ao noso traballo político. Moitas persoas, entre elas turistas en Compostela, acolleron os comunicados e as nosas explicacions con interese, manifestando descoñecer, pola ocultacion dos mass-media burgueses, da existencia da Guerra Popular na India.

O noso comité chamou a participar na concentración organizada polo CPI diante da Embaixada da India, mais non temos constancia de asistencia a mesma de compañeiros ou compañeiras simpatizantes. Os membros do Comité non poideron viaxar por diversos problemas.

Coidamos necesario reforzar o traballo cara a participación do noso Comité na Conferencia Internacional prevista para o veran do 2012.
Queremos amosar o noso agradecemento a todo-los e toda-las compañerias que fixeron posibel estas accions na Galiza, como exemplo do Internacionalismo do Proletariado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario