
A charla foi seguida atentamente por unha quincena de persoas, na súa mayoria xovens, moitos dos cales desconocian a situación política na India e a importancia do proceso revolucionario na mesma.
O camarada fixo un chamado á participación e á realización de actos na proxima semana de apoio internacional que tendra lugar nos dias 14 ao 22 de xaneiro do 2012.
Ao concluír chárla, compañeiros e compañeiras interesáronse por diversos aspecto da loita en India e sobre a importancia que ten que Galicia participe de forma activa neste traballo de apoio internacionalista con nome propio. Asi mesmo tivo unha boa acollida o libro publicado sobre a guerra popular na India pola editorial M-L Templado o Aceiro.
Na súa estancia na Galiza, o camarada membro do Comité Internacional tivo varias entrevistas co Comité Galego e con outras persoas e organizacións do ambito político e sindical da Galiza.
O noso Comité valora como un importante avance na nosa labor a visita a Galiza do representante do Comite Internacional e reitera as graza a todos e todas os compañeiros e compañeiras que fixeron posible o exito da mesma.
Galiza, 26.11.11
Comité Galego de apoio a guerra popular na India.
No hay comentarios:
Publicar un comentario