sábado, 9 de abril de 2011

Declaración de Reconstrucción Comunista (Madrid - Estado español)

COS NAXALITAS CARA AO SOCIALISMO NA INDIA.


Desde Reconstrución Comunista queremos adherirnos ás campañas de solidariedade co CPI (Maoísta) e o Exército de Liberación Popular, que loita pola emancipación da clase obreira e a toma do poder político na India.
Polo que nos toca, por ser do estado español, tamén debemos defenderlles dos ataques dos revisionistas, homólogos do CPI e do CPI(marxista), herdeiros do revisionismo prosoviético dereitista e Breznevista, verdadeiros axentes do capitalismo para destruír o auténtico movemento comunista, difamándoles por "esquerdistas" e confraternizar co que eles chaman "Partidos nacionalistas".
Os Naxalitas son un exemplo a seguir, un faro de luz en tempos de absoluta destrución do movemento comunista, unha luz de esperanza para todos os pobos oprimidos, un exemplo de loita contra o imperialismo.
Hai que desenmascarar aos revisionistas que os atacan e ao seu triste intento de "reconstrución internacional do comunismo", que non é máis que revisionismo e folclore, moito símbolo e ningunha loita.

O parlamentarismo Burgués que practican o CPI e o CPI (marxista) non consiste noutra cousa que no parlamentarismo de pór o cazo e calar a boca, para comer as migallas dos poderosos, proba deles é que a súa fronte de esquerdas que é a súa marca electoral, apoiou a goberno prol yankee e capitalista que ten a India durante anos.

A guerra popular é algo necesario, e que ademais obxectivamente está dando os seus froitos, xa que dominan un terzo do país, que tendo en conta que é o segundo país máis poboado do mundo, é dicir moito do gran éxito da guerra popular na India.
Por todo isto desde RC solidarizámonos con todo o proceso revolucionario Indio. Coa loita revolucionaria armada.



Reconstrución Comunista.
reconstruccioncomunista.blogspot.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario