viernes, 1 de abril de 2011

 

2 a 9 abril, 2011
 SEMAN INTERNACIONAL DE APOIO A GUERRA POPULAR NA INDIA

A guerra popular na India estase intensificando día a día. Dirixida polo Partido Comunista da India Maoísta involucra e conta co apoio de millóns de agricultores pobres, mulleres, as masas dos intocables, e controla agora acerca de dez Estados da Confederación da India.

Unha guerra popular contra a pobreza, a explotación capitalista feudal, nas rexións onde son máis agudas as contradicións producidas polo turbulento desenvolvemento do saqueo dos recursos, a opresión de caste e explotación, do capitalismo indiano vinculado ao imperialismo.

Coa axuda e o apoio dos imperialistas e en especial o imperialismo norteamericano, as clases dominantes reaccionarias na India tratan de sufocar o movemento revolucionario, levando a cabo atrocidades despregados, dunha tal barbarie sen ningún precedente.

O goberno da India en nome do imperialismo describe a guerra popular como a maior ameaza á seguridade interior, e lanzou contra ela en todo o país unha ofensiva sen precedentes, baixo o nome de operación "caza verde" cun grande despregamento de tropas super armadas, policía e forzas paramilitares para sementar o terror e o xenocidio no pobo da India, con ataques, destrución indiscriminada, violacións e asasinatos masivos, detencións e desaparicións, tratando de asasinar aos líderes, como ocorreu co camarada Azad, un maoísta dos principais líderes do PCI (M). Todo na ilusión de afogar no sangue a loita dun pobo para a liberación.

Pero as masas populares india únense na guerra popular, dando lugar a grandes protestas e folgas contra a subida dos prezos, a corrupción e o terrorismo de estado.

Os gobernos imperialistas, os Estados Unidos, Europa, Rusia, e os seus medios de comunicación apoia a acción criminal do goberno da India; pero tamén nestes países crece a denuncia e solidariedade.

As masas indias, dirixida polo Partido Comunista Maoísta da India, esta escribindo unha páxina historica da loita de clases no mundo actual.

O desenvolvemento da guerra popular na India confirma que hoxe é a revolución a tendencia principal no mundo e que o maoismo asume o papel do mando e liderado na nova onda da revolución mundial contra o imperialismo en crise.
O proletariado mundial comprende que o adianto da guerra popular na India pon en dúbida non só o equilibrio de poder na rexión sur Asia, senón tamén na actitude do sistema imperialista mundial.

O Comité Internacional en apoio da guerra popular lanza unha gran campaña internacional, que se realizará en todas as formas, na maioría mais posible de países, cunha semana de acción entre 2 ao 9 Abril de 2011.

Esta campaña é e debe ser a expresión do internacionalismo proletario e do avance da unidade do proletariado internacional, os revolucionarios, as forzas democráticas e as nacións e os pobos oprimidos de todo o mundo.


COMITÉ INTERNACIONAL DE APOIO A GUERRA POPULAR NA INDIA

csgpindia@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario