lunes, 15 de marzo de 2021

GALIZA: 15 de marzo, celebrando o 67 aniversario do noso glorioso camarada Xosé Portela!!!

 


O Comité Galego de apoio a Guerra Popular na India, quere celebrar o 67 aniversario do noso glorioso camarada Xosé Portela, e lembrar que o noso camarada sigue presente na loita!

Dicía o Presidente Mao Tse-tung que: “Em nenhum momento e em nenhuma circunstância um comunista deve colocar seus interesses pessoais em primeiro plano; pelo contrário, ele deve subordiná-los sempre aos interesses da nação e das massas populares. É por isso que o egoísmo, o relaxamento no trabalho, a corrupção, o exibicionismo, etc. merecem o maior dos desprezos; enquanto a entrega desinteressada, o ardor no trabalho, a devoção à causa pública, o esforço intenso e tenaz merece todo o respeito.”

Non hai mellor definición para falar do camarada Xosé. El era un verdadeiro comunista. El sempre estaba preocupado pólos demais, sempre disposto axudar e a loitar polas causas xustas, servindo ao pobo de todo corazón. Dende a súa militancia clandestina nos anos 70 no MC, onde fixo unha transformación persoal seguindo as ensinanzas do Presidente Mao Tse-tung, ate o seu activismo sindical na CUT, sempre sen renunciar aos seus ideais revolucionarios. Foi un activista social sempre na primeira liña e o cronista gráfico, cós seus carteis dos movementos sociais, da última década na cidade da Coruña.

Dende o 15M de Monte Alto ao conflito da Torre de Hércules, dende A Coruña en Loita até o Movemento de Loita Popular, dende Stop desafiuzamentos a Elviña non se vende, dende o C.S. A Comuna até Acción Antifascista, pasando pola solidariedade coa revolución na India ou a Liga de Camponeses Pobres do Brasil. Sempre disposto a axudar e a loitar, sempre incansábel, sen querer ningún protagonismo nin recoñecemento. Un verdadeiro exemplo do que ten que ser un comunista.

Hoxe ficamos coa súa praxe comunista, as súas ensinanzas e o seu gran corazón solidario, para continuar o seu soño, que é o noso, un novo mundo sen explotación, opresión, patriarcado e racismo.

Grazas camarada por ser así, seguiremos o teu exemplo até a vitoria!

Camarada Xosé presente na loita!”

Deseño realizado polo noso camarada

lunes, 8 de marzo de 2021

INDIA: O camarada Varavara Rao, en liberdade provisional sae do hospital.




Mumbai, 07.03.2021. O coñecido poeta e activista maoísta de 82 anos, foi dado de alta no hospital Nanavati, no que fora internado en novembro, despois que a Corte de Justicia de Bombai lle concedera a liberdade provisional durante seis meses.

A saúde do camarada Varavara Rao non corre perigo segundo fontes cercanas ao poeta revolucionario, inculpado falsamente pola policía de Pune dentro dun proceso contra os maoístas.

https://correovermello.wordpress.com/2021/03/08/india-el-camarada-varavara-rao-en-libertad-provisional-sale-del-hospital/