domingo, 27 de marzo de 2011

Anunciando novo libro sobre a guerra popular na India.

 
Froito do traballo dos organismos de apoio á guerra popular na India, no Estado español, anunciamos con alegría a publicación pola editorial Forxando o Aceiro do libro "Guerra popular na India". O mesmo recolle entre outros testemuños o da coñecida escritora Arundathi Roi, unha entrevista co secretario xeral do Partido Comunista da India (maoista) camarada Ganapathi e outros documentos do Partido que comanda a revolución na India.

O libro, editado en castelán, sera presentado no marco da "Semana internacional de apoio á guerra popular na India" do 2 ao 9 de abril.

No hay comentarios:

Publicar un comentario