sábado, 21 de abril de 2012
Maoístas reteñen a lexislador de Odisha.
correovermello-noticias
Nova Delhi, 21.04.12
Según informa un reporte da axencia IANS os guerrilleiros naxalitas que reteñen ao lexislador do Estado de Odisha, Jhina Hikaka, dende hai tres semans, rexeitaron a oferta gubernamental de liberación de tan só 25, dos 29 presos políticos, na sua maioria membros da Chasi Mulia Adivasi Sangh (CMAS) e anuncio que seria xusgado nun Tribunal do Pobo o vindeiro 25 de abril.
Nun comunicado asinado polo dirixente naxalita, camarada Daya, acusase ao goberno de non ter feito nada para resolver a situación, que só podese resolver coa liberación de todo-los presos. Asi mesmo esixiu o fin das accions contra a guerrilla.
Hikaka, representante pola circunscripción Laxmipur, foi retido por ordes do Comité Especial zonal do Partido Comunista da India (maoísta), na sua casa do distrito de Koraput, fronteira de Andhra-Odisha.
Según o mesmo reporte hai perto de 150 membros da CMAS nas cadeas a espera de xuizo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario