jueves, 26 de abril de 2012

A guerrilla libera a lexislador detido en Odisha.




correovermello-noticias
Nova Delhi, 26.04.12
Axencias noticiosas dan conta da liberación por parte da guerrilla naxalita do membro da Asamblea Lexislativa  do Estado de Orissa, Jhina Hikaka,(37) retido por espacio de 33 dias para reclamar a liberación de membros de organizacions de masas detidos pola policia e o fin da represion gubernamental.
Jhina Hikaka foi liberado despois de negociacions coas autoridades, que teñen liberado a 27 detidos e baixo o compromiso de renunciar a seu escano polo partido BJD, siñala a BBCnews, que cita fontes maoístas. A axencia PTI informa que o político foi recibido con mostras de apoio no seu pobo natal do distrito de Korapur. Hikaka que foi sometido a un xuizo popular, afirmou que foi ben tratado polos naxalitas.
Asi mesmo a  TNN da conta dun ataque guerrilleiro en Maharashtra no que habrian morto dous persoas e outras dez atopanse desaparecidas. Os maoístas teñen reclamado a saida das forzas do CRPF e o fin das operacións de rastreo, siñala a televisión.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario