correovermello-noticias.
New Delhi, 30.11.11
A prensa hindú informa que nos proximos dias o goberno enviara dous batallons (2.000 efectivos) da Forza de Seguridade Fronteriza ( BSF) para reforzar as unidades que combaten a guerrilla maoísta en Chhattisgardh e Odisha. As novas forzas contaran co apoio de seis helicopteros de fabricación rusa MI 17 e dun modelo lixeiro denominado Dhun.
Na actualidade estan desplegado 79 batallons da polícia militariza CRPF e cinco batallons da Indo-Tibetan Border Police (ITBP).
Por outra banda PTI informa dun atentado con bomba perto dun Centro de Convencions na cidade de Imphal, na rexion de Maimar, que tiña previsto inaugurar o primer ministro Singh Manmohon o vindeiro dia 3 de decembro. A policia atribuie o atentado ao clandestino KCP (Kangleipak Partido Comunista) que ten convocado unha folga xeneral de 72 horas en Manipur, remataría mañan as 6 da mañan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario