lunes, 28 de noviembre de 2011

Galiza: Comunicado conxunto.


Comunicado conxunto.
Con profundo pesar temos coñecido o vil asasinato do dirixente membro do Bureau Político do PC da India (maoísta) camarada Mallojula Koteswara Rao, coñecido como camarada Kishenji, de 58 anos, polas forzas represivas do vello Estado hindú.
Desde Galiza condenamos este atroz crime contra os mellores fillos do pobo da India, que loitan sen tregua por unha nova sociedade, que destrúa a vella sociedade semi-feudal, de explotación e opresión.
Compartimos a dor dos nosos camaradas do PCI (maoísta) e das masas populares nesta dificil situación. Estamos seguros que os comunistas e revolucionarios na India tomaran a bandeira do Camarada Kisheji para fortalecer a guerra popular e dar xusto castigo aos seus os asasinos.
A represión dos reaccionarios esta centrada na dirección da revolución, e nos seus negros soños esquecen que a dirección nunca morre, o sangue dos camaradas Azad e Kishenji abona a decisión de loita das masas e do seu Partido.
En nome dos comunistas revolucionarios de Galiza, transmitimos o noso total respaldo ao PCI (maoísta) ao EGPL e as organizacións de masas revolucionarias da India, manifestando o noso total convencimiento que a dor actual converterase nunha poderosa forza de loita que esmagase o vello e corrupto Estado hindú.

HONOR E GLORIA Aos FILLOS DO POBO !
HONOR E GLORIA Ao CAMARADA KISHENJI !
VIVA A GUERRA POPULAR NA INDIA !

Na Galiza, Nov 2011

Comité de Loita Popular "Manolo Bello"
Comité Galego de Apoio a Guerra Popular na India.
Correo Vermello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario