sábado, 26 de noviembre de 2011

INDIA: Asasinan ao Camarada Kishenji !


correovermello-noticias
Nova Delhi, 26.11.11
A axencia noticiosa Press Trust of India, dá conta da morte dun dirixente do clandestino Partido Comunista da India (maoísta) nun suposto enfrontamento con forzas  de seguridade no leste de India, este venres.
Se trataria do camarada Kishenji, coñecido membro do Bureau Político dos maoístas.
Existe gran confusión sobre as ciscunstacias da súa morte
A policía dixo a The Associated Press, que aínda falta que a sobrina e a nai do camarada Kishenji confirmen si o cadáver corresponde ao rebelde morto.
O poeta Varavara Rao, quen simpatiza desde fai tempo coa insurgencia, dixo á canle noticioso NDTV que Kishenji caeu morto nun enfrontamento bosque de Burisole, no estado de Bengala Occidental.
O goberno asegura que a maior ameaza á seguridade interna, constitúea a guerrilla comunista, cuia presenza propaga-se a 20 dos 28 estados do país.
O camarada Kishenji era un dos dirixentes da insurgencia maoísta.
Nado no estado de Andhra Pradesh, sur da India, e integrouse na insurgencia comunista na década de 1980.
As autoridades responsabilízano dun ataque audaz, lanzado en 2010, contra un campamento das forzas de seguridade, nunha acción que deixou 24 mortos en Bengala Occidental.
O seu asasinato creou unha gran conmoción e espérase un comunicado do CC. do PCI (maoísta)

No hay comentarios:

Publicar un comentario