correovermello-noticias.
New Delhi, 30.11.11
A prensa hindú informa que nos proximos dias o goberno enviara dous batallons (2.000 efectivos) da Forza de Seguridade Fronteriza ( BSF) para reforzar as unidades que combaten a guerrilla maoísta en Chhattisgardh e Odisha. As novas forzas contaran co apoio de seis helicopteros de fabricación rusa MI 17 e dun modelo lixeiro denominado Dhun.
Na actualidade estan desplegado 79 batallons da polícia militariza CRPF e cinco batallons da Indo-Tibetan Border Police (ITBP).
Por outra banda PTI informa dun atentado con bomba perto dun Centro de Convencions na cidade de Imphal, na rexion de Maimar, que tiña previsto inaugurar o primer ministro Singh Manmohon o vindeiro dia 3 de decembro. A policia atribuie o atentado ao clandestino KCP (Kangleipak Partido Comunista) que ten convocado unha folga xeneral de 72 horas en Manipur, remataría mañan as 6 da mañan.
miércoles, 30 de noviembre de 2011
lunes, 28 de noviembre de 2011
Galiza: Comunicado conxunto.
Comunicado conxunto.
Con profundo pesar temos coñecido o vil asasinato do dirixente membro do Bureau Político do PC da India (maoísta) camarada Mallojula Koteswara Rao, coñecido como camarada Kishenji, de 58 anos, polas forzas represivas do vello Estado hindú.
Desde Galiza condenamos este atroz crime contra os mellores fillos do pobo da India, que loitan sen tregua por unha nova sociedade, que destrúa a vella sociedade semi-feudal, de explotación e opresión.
Compartimos a dor dos nosos camaradas do PCI (maoísta) e das masas populares nesta dificil situación. Estamos seguros que os comunistas e revolucionarios na India tomaran a bandeira do Camarada Kisheji para fortalecer a guerra popular e dar xusto castigo aos seus os asasinos.
A represión dos reaccionarios esta centrada na dirección da revolución, e nos seus negros soños esquecen que a dirección nunca morre, o sangue dos camaradas Azad e Kishenji abona a decisión de loita das masas e do seu Partido.
En nome dos comunistas revolucionarios de Galiza, transmitimos o noso total respaldo ao PCI (maoísta) ao EGPL e as organizacións de masas revolucionarias da India, manifestando o noso total convencimiento que a dor actual converterase nunha poderosa forza de loita que esmagase o vello e corrupto Estado hindú.
HONOR E GLORIA Aos FILLOS DO POBO !
HONOR E GLORIA Ao CAMARADA KISHENJI !
VIVA A GUERRA POPULAR NA INDIA !
Na Galiza, Nov 2011
Comité de Loita Popular "Manolo Bello"
Comité Galego de Apoio a Guerra Popular na India.
Correo Vermello.
sábado, 26 de noviembre de 2011
INDIA: Asasinan ao Camarada Kishenji !
correovermello-noticias
Nova Delhi, 26.11.11
A axencia noticiosa Press Trust of India, dá conta da morte dun dirixente do clandestino Partido Comunista da India (maoísta) nun suposto enfrontamento con forzas de seguridade no leste de India, este venres.
Se trataria do camarada Kishenji, coñecido membro do Bureau Político dos maoístas.
Existe gran confusión sobre as ciscunstacias da súa morte
A policía dixo a The Associated Press, que aínda falta que a sobrina e a nai do camarada Kishenji confirmen si o cadáver corresponde ao rebelde morto.
O poeta Varavara Rao, quen simpatiza desde fai tempo coa insurgencia, dixo á canle noticioso NDTV que Kishenji caeu morto nun enfrontamento bosque de Burisole, no estado de Bengala Occidental.
O goberno asegura que a maior ameaza á seguridade interna, constitúea a guerrilla comunista, cuia presenza propaga-se a 20 dos 28 estados do país.
O camarada Kishenji era un dos dirixentes da insurgencia maoísta.
Nado no estado de Andhra Pradesh, sur da India, e integrouse na insurgencia comunista na década de 1980.
As autoridades responsabilízano dun ataque audaz, lanzado en 2010, contra un campamento das forzas de seguridade, nunha acción que deixou 24 mortos en Bengala Occidental.
O seu asasinato creou unha gran conmoción e espérase un comunicado do CC. do PCI (maoísta)
Galiza: Exitosa Charla-coloquio en Compostela.-
o pasado dia 24 no cafe As Dúas de Compostela tubo lugar unha charla-coloquio sobre A Guerra Popular na India, organizada polo noso comité e coa participación dun camarada do Comité Internacional de Apoio á Guerra Popular na India.
A charla foi seguida atentamente por unha quincena de persoas, na súa mayoria xovens, moitos dos cales desconocian a situación política na India e a importancia do proceso revolucionario na mesma.
O camarada fixo un chamado á participación e á realización de actos na proxima semana de apoio internacional que tendra lugar nos dias 14 ao 22 de xaneiro do 2012.
Ao concluír chárla, compañeiros e compañeiras interesáronse por diversos aspecto da loita en India e sobre a importancia que ten que Galicia participe de forma activa neste traballo de apoio internacionalista con nome propio. Asi mesmo tivo unha boa acollida o libro publicado sobre a guerra popular na India pola editorial M-L Templado o Aceiro.
Na súa estancia na Galiza, o camarada membro do Comité Internacional tivo varias entrevistas co Comité Galego e con outras persoas e organizacións do ambito político e sindical da Galiza.
O noso Comité valora como un importante avance na nosa labor a visita a Galiza do representante do Comite Internacional e reitera as graza a todos e todas os compañeiros e compañeiras que fixeron posible o exito da mesma.
Galiza, 26.11.11
Comité Galego de apoio a guerra popular na India.
lunes, 21 de noviembre de 2011
Galiza: Nova Charla-Coloquio sobre a guerra popular na India.
A guerra popular revolucionaria na India é sin dúbida, a maior ameaza non só para
os imperialistas hindúes, mesmo tamen
para o capitalismo internacional.
|
Coa
intervención de membros do Comité Internacional de Apoio á Guerra Popular na India.
24.11.11
20:30 h
No café As
Dúas,
Praça da
Oliveira.
Santiago de
Compostela.
Comité
Galego de apoio á Guerra Popular na India.
EE.UU. : Conferencia de Arundhati Roy.
A escritora Arundhati Roy, tal vez a voz internacional progresista máis recoñecida da India e figura indispensable da oposición ao modelo neoliberal e imperial no mundo, considerou que o movemento Occupy Wall Street rescatou o «dereito a soñar» nos Estados Unidos e creou un aliado inesperado para as loitas sociais pola xustiza ao redor do mundo.
«O que vostedes lograron desde o 17 de setembro, cando iniciou o movemento Ocupa en Estados Unidos, é introducir nova imaxinación, un novo idioma político, ao corazón do imperio», declarou nun foro de estudantes aliados con Ocupa Wall Street en Nova York esta semana.
«Vostedes han reintroducido o dereito a soñar nun sistema que intentou converter a todos en zombies hipnotizados con facer equivalente o consumismo coa felicidade e a realización», declarou.
Nun acto da chamada Universidade do Pobo, proxecto de estudantes na Universidade de Nova York como parte do movemento Ocupa, Roy recordou que hai ocupacións estadunidenses en Iraq e Afganistán, mentres as súas aeronaves non tripuladas matan civís en Pakistán, e que miles de tropas e escuadrones da muerteestadunidenses trasládanse a África, mentres continúa a ameaza dunha guerra contra Irán.
«Desde a Gran Depresión, a manufactura de armas e a exportación da guerra foron xeitos craves en que Estados Unidos estimulou a súa economía», afirmou.
Todas esas guerras, con millóns de vidas apagadas, foron executadas para “asegurar elamerican way of life“.
“Hoxe sabemos que o american way of life -modelo ao que se supón que debería aspirar o resto do mundo- resultou en que 400 persoas sexan donas da riqueza da metade da poboación de Estados Unidos”, afirmou.
Agregou que tamén é o que levou a que miles de persoas sexan expulsadas dos seus fogares e empregos, mentres o goberno estadunidense rescata bancos e empresas.
Indicou que o seu propio país, India, «adora a política económica estadunidense» e, xa que logo, logo de 20 anos de economía de libre mercado, os 100 máis ricos son donos de bens cun valor dunha cuarta parte do PIB, mentres 80 por cento do pobo vive cun ingreso menor de 50 centavos estadunidenses ao día; uns 250 mil granjeros, ante a situación, suicidáronse.
«Chamamos a isto progreso e agora considerámosnos/considerámonos un superpoder. Como vostedes, estamos ben cualificados: temos bombas nucleares e unha desigualdade obscena.»
Pero, subliñou, o que hoxe se ve ao redor do mundo é a xente dicindo xa abonda a todo iso. «O movemento Ocupa sumouse a miles doutros movementos de resistencia por todo o mundo, onde os máis pobres póñense de pé e deteñen ás empresas máis ricas».
Roy afirmou que para os participantes nestes movementos de resistencia noutras partes do mundo, «poucos de nós soñamos que os veriamos a vostedes, o pobo de Estados Unidos, do noso lado, tratando de facer isto no corazón do imperio. Non sé como comunicar a enormidad do que isto significa».
Afirmou que o obxectivo común destas loitas é poñer un alto a «este sistema que manufactura desigualdade», e entre as demandas claras deberían estar o límite ao que unha empresa pode controlar entre diversos sectores económicos, que todos os recursos naturais e a infraestructura esencial dun país non poden ser privatizados e que todos deben ter dereito a vivenda, educación e servizos de saúde.
“Esta loita espertou de novo nosa imaxinación. Nalgún momento no camiño o capitalismo reduciu a idea de xustiza a só significar ‘dereitos humanos’, e a idea de soñar igualdade volveuse blasfemia. Non estamos loitando para reformar un sistema que necesita ser substituído.”
No intercambio con estudantes logo da súa presentación, preguntóuselle a súa opinión sobre o uso ou non da violencia nas loitas sociais.
«A non violencia é unha estratexia de resistencia cando existe unha audiencia que simpatiza con ese movemento (…) como aquí; vostedes teñen unha audiencia, viven sobre a televisión». Pero, continuou, si uno está no bosque nunha esquina retirada de India ou algo parecido, «onde a xente ten demasiada fame como para facer unha folga de fame» e non hai unha audiencia, «as armas tamén son unha opción como táctica de resistencia».
Un estudante universitario de 20 anos pediu consellos sobre que facer coa compracencia de tantos dos seus compañeiros ante a situación neste país e o resto do mundo.
Roy contestou que «a xente que está suficientemente cómoda como para ser complaciente non estará na vanguardia da revolución, pero non poderá estar tan cómoda por moito tempo máis. Por agora, hai que deixalos observar».
A choiva obrigou aos organizadores a trasladar este acto inicialmente programado para Washington Square. A famosa igrexa Judson, ao carón desa praza, ofreceulles refuxio para o foro. Un dos mozos organizadores do acto estaba no medio da praza, cunha pancarta e un paraguas, para informar aos asistentes que pasasen ao templo.
O foro tamén interesara a catro camionetas cheas de policías e tres patrullas que estaban estacionadas no centro do parque. Ao preguntarlle ao novo si el era tan perigoso como para ameritar tal presenza oficial, respondeu que si, informando que había uns 50 axentes en espera. «Pero hanme subestimado», chanceou.
Ao parecer, Roy e uns cantos estudantes son unha ameaza potencial á orde pública.
(Tomado da Xornada)
viernes, 18 de noviembre de 2011
martes, 15 de noviembre de 2011
India: Atentado a dous membros do Congreso Trinamool.-
correovermello-noticias
Nova Delhi, 14.11.11
Á Axencia PTI informa, que dous membros do dereitista Congreso Trinamool morreron nun atentado atribuido ao clandestino PCI (maoísta) no distrito Perulia.
O atentado produce-se tres dias despois que a Ministra Mamata Banerjee dira un miting na mesma localidade, Balarampur, no que ameazo aos maoístas con mais represión si non depoñen as armas.
Dous descoñecidos, en moto, dispararon contra os membros do partido Congreso Trinamool, pai e fillo.
Fontes dos habitantes da vila, afirman que foron acusado de delatores polos naxalitas.
A reacción das autoridades do Estado de Bengala foi afirmar que reforzarian a loita contra os maoístas
miércoles, 9 de noviembre de 2011
India: Cartazes maoístas denuncian alza de prezos.
correovermello-noticias
Kolkata, 09.11.11
Cartazes atribuidos ao clandestino Partido Comunista da India (maoísta) foron atopados en varios puntos do distrito 24 Parganas perto da capital. Nos mesmos, según informa IANS citando fontes da polícia, denunciaba-se o alza dos precios e tamen amenazaba-se de morte as autoridades corruptas do Estado de West Bengal e outros partidos burgueses.
No reporte señalase que despois do rexeitamento de conversas polos maoístas han aumentado as accions de propaganda dos comunistas e o despliege polícial en previsión de ataques como o que costou dias atras a vida a tres dirixentes do Partido do Congreso.
India: Deteñen a supostos membros do EGPL.
correovermello-notocias
Nova Delhi, 08.11.11
Según un reporter da axencia IANS, catro supostos membros do Exercito Guerrilleiro Popular de Liberación, foron detidos en duas operacions das forzas represivas en dous distritos de Jharkhand.
Tratariase de dous comandantes da clandestina Fronte Popular Revolucionario e dos membros da organización maoísta Tritiya Prastuti Comité (TPC). Terian-se decomisado armas e documentación asi como telefonos moviles.
viernes, 4 de noviembre de 2011
India: Organizacions populares rexeitan negociación.
correovermello-noticias
Kolkata, 04.11.11
Según fontes da prensa hindú o Comité Popular Contra as Atrocidades Policiais, (PCPA) cercano a o clandestino PCI (maoista), rexeito unha xuntanza co Ministro do Estado Makul Roy o pasado xoves, no que se entende como unha clara resposta das organización pro-maoistas en participar nas conversas propostas polo goberno de Mamata Baneerjee.
O encontro fora preparado por mediadores do Foro de Asistencia Legal de toda-la India.
Asi mesmo o Comité Nari Ijjat Bachao, coa actividade centrada nas atrocidades contra as mulleres, na rexion de Jamgalmahal, rexeito as conversas. Fontes policiais califican a este Comité como membro da frente unica dos maoístas.
As autoridades do vello Estado afirmaron "que as portas estarian abertas para resolver pacificamente os conflictos en Jangalmahal".
Fontes do PCPA denunciaron a situación do seu lider o camarada Chhatradhar Mahato, actualmente na cadea, co cal non poideron-se entrevistar.
martes, 1 de noviembre de 2011
India: Xuntanza entre dirixentes revisionistas.
correovermello-noticias
Nova Delhi, 01.11.11
Na sua visita de catro dias a India, o Primer Ministro do Nepal, o revisionista Babburam Bhattarai, asinou un lesivo tratado BIPA para seu pais, que esta a ser duramente contestado.
Tamen tivo tempo para entrevistarse có Secretario Xeral do revisionista Partido Comunista da India (Marxista) Prakash Karat. Según fontes do citado partido, coñecido opositor a guerra popular e dos maoístas, ambos dirixentes intercambiaron importantes informacións sobre a situación de ambos-los dous paises.
No Estado español o PCI (marxista) ten o apoio e respaldo dos revisionistas do PCPE.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)