DECLARACION CONXUNTA
Desde esta esquina do continente europeo, desde Galiza, enviamos un calido e fraternal saúdo vermello ao Partido Comunista da India (maoísta), aos gloriosos combatentes do Exercito Guerrilleiro Popular de Liberación e sobre todo ás masas populares pois elas fan a historia.
A faísca de Naxalbari, a faísca do inesquecible camarada Charu Majumdar, ten prendido na pradería de miseria e opresión, en que as castes privilexiadas, someten ao pobo en India. Hoxe , grazas á dirección do PCI (maoísta) que mantén no alto a Gran Bandeira Vermella da Revolución, a Gran Bandeira da Guerra Popular avanzan á vitoria.
Esta semana internacional de apoio á guerra popular na India, que esta tendo un importante eco, demostra que o apoio a esta xusta loita, traza unha liña entre os que se chaman comunistas, internacionalistas para traficar cos escanos parlamentarios e aos que seguindo a Marx, Engels, Lenin, Stalín e Mao traballan por estender a Revolución Proletaria Mundial.
Hoxe mais que nunca no medio desta crise sen precedentes no sistema capitalistas están creadas as condicións para que organizacións comunistas revolucionarias asuman a tarefa de conducir ás masas populares á toma do poder por medio da revolución proletaria. Revolución que do mesmo xeito que a gloriosa Comuna de Paris sexa froito do pobo en armas.
Nos países imperialistas temos que ser capaces de crear unha liña revolucionaria, tirando pola borda as patrañas revisionistas de "acumulación de forzas", "frontes populares electoralistas" ou os que claudican afirmando "que aqui non se pode facer revolución".
A guerra popular na India, asi como noutros países, é un luminoso exemplo de como cando as masas toman nas súas mans o seu destino, os reaccionarios convértense en "tigres de papel" como dicía o camarada Mao Ste-tung.
VIVA O INTERNCIONALISMO PROLETARIO COA GUERRA POPULAR NA INDIA !
Galiza, Abril do 2011
Comité de Loita Popular "Manolo Belo"
Comité Galego de apoio a guerra popular na India
Correo Vermello