martes, 9 de noviembre de 2010
Condenando enerxicamente a criminal represión no Sahara.
COMUNICADO.
Diante da brutal represión da camarilla monarco-feudal de Rabat contra o pobo saharaui perto de El Aaiún, queremos amosar publicamente a nosa enerxica condena, a par da total solidariedade có pobo saharaui.
A resposta insurreccional contra a opresión, da poboación na antiga capital do Sahara, amosa o camiño de loita, de guerra popular que ten que asumir a dirección política dos revolucionarios saharauis, rachando coa capitulación agachada na política de acordos de paz da ONU.
O noso pobo ten que apoiar esta xusta causa. Causa de liberación nacional e de soberania do pobo saharaui.
Temos que esixir, ao Estado español e a UE, a ruptura de relacións políticas e mais economicas coa camarilla monarco-feudal de Rabat, establecendo os mesmos coa RASD autentico propietario das zonas pesqueiras e das riquezas mineiras agora explotadas polas forzas de ocupación marroqui.
Apoiamos a diversas accions de protesta convocadas na Galiza.
Viva a loita do pobo saharaui !
Viva a guerra popular revolucionaria no Sahara !
Galiza, 9.11.10
Comité de Loita Popular "Manolo Bello"
Comité Galego de Solidariedade co Nepal
Comité Galego de Apoio a Guerra Popular na India.
Correo Vermello.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario