nota de prensa
Os pasados dias, 1 e 2 de novembro do 2010, un grupo de compañeiras e compañeiros de A Coruña, decidimos constituir, como parte do noso traballo internacionalista, un organismo de solidariedade e apoio á Revolución na India..
Existen a nivel internacional organismos semellantes cos cales trataremos coordinar o noso traballo na Galiza.
Como principais tarefas consideramos as seguintes:
- DIFUNDIR A VERDADEIRA INFORMACIÓN DA GUERRA POPULAR NA INDIA ENTRE AS CLASES POPULARES E ORGANIZACIÓNS PROGRESISTAS NO NOSO PAIS.
- A DENUNCIA PERMANENTE DA REPRESIÓN DO REXEMEN REACCIONARIO DA INDIA E DA CHAMADA "OPERACION GREEN HUNT". (OGH) XENOCIDA CAMPAÑA CONTRA O POBO, ORGANIZADA POLOS REACIONARIOS.
- PROMOVER ACCIÓNS DE SOLIDARIEDADE CO POBO HINDÚ E A SÚA XUSTA LOITA.
Asi mesmo, acordamos promover a creación dun blog noticioso para o cumprimento das tarefas informativas na rede.
Facemos un chamado a todas as persoas interesadas a incorporarse ás tarefas do Comité, que ten unha clara posición integradora e plural nas súas actividades.
VIVA A AMIZADE DOS POBOS HINDÚ E GALEGO!
VIVA A GUERRA POPULAR NA INDIA!
A Coruña, 1.11.10
COMITE GALEGO DE APOIO A GUERRA POPULAR NA INDIA
No hay comentarios:
Publicar un comentario