viernes, 19 de agosto de 2011

India: Ataque da guerrilla naxalita deixa 10 policias mortos.



correovermello-noticias.
Nova Dheli, 19.08.11
Un reporte de ultima hora da axencia IANS informa dun mortal enfretamento entre forzas da guerrilla maoísta e un contixente policial na rexión de Bastar, Chhattisgarh.
O masivo ataque do EGPL, nunha zona boscosa a 500 km de Raipur, teria causado un importante numero de baixas nas forzas represivas, según as fontes policiais.

miércoles, 17 de agosto de 2011

India: Asasinada activista social en Bhopal

correovermello-noticias. New Dheli, 17.08.11
BBC news informa que a coñecida activista Shehla Masood foi asasinada dun disparo, mentras se dirixia no seu carro a unha concentración contra a corrupción. Os feitos ocurriron na cidade india de Bhopal.
Masood, que dirixia unha empresa de xestión de actividades, tiña  presentado numerosas solicitudes para ter acceso a información gubernamental, invocando el Derecho a la Información*, relacionadas co medio ambente e a fauna. Ela mesma tiña denunciado as autoridades que "temia pola sua vida".

*Según a constitución da Unión India os cidadans poden ter libre acceso a información gubernamental.

India: Crece a represión, crece a corrupción.



As protestas sacuden a India.

Nova Delhi. 16.08.11

Anna Hazare, a cara do activismo contra a corrupción en Índia, pasou hoxe a noite na cárcel de Tihar en Nova Delhi, pese a ter recebido das autoridades a orde para a sua posta en liberdade. O activista fora arrestado momentos antes de comezar a sua segunda folga de fame indefinida en protesta pola lacra que salpica ao goberno do país a todos os níveis: a corrupción.
Nun discurso ante o parlamento, o primeiro ministro índio, Manmohan Singh, dixo que é "totalmente infundada" a campaña anticorrupción lanzada por Hazare. Sihgh e segurou que o comportamento do activista busca  o conflito. O primeiro ministro tivo que interromper o seu discurso varias veces abucheado aos parlamentários de oposición.
A folga non contaba co permiso das autoridades, que o levaron tras comprobar que pretendia seguir co seu plano a pesar de non ter autorización. 1.300 de seguidores de Hazare foron detidos tras o arresto do activista en diversas cidades da Índia, ainda que moitos deles foron liberados ao longo do dia. A policia levou a cabo esta operación polo temor de que os altercados medrasen. É asi foi. Unha cascada de protestas rexistaron-se en contra do arresto. Centos de persoas pasaron a noite ás portas do penal á espera da saída de Hazare, quen se situou en primeira liña da actualidade política na Índia coa sua cruzada contra a corrupción.

O activista segurara que a proposta de lei anticorrupción que está a ser debatida no Parlamento "é un chiste cruel" e que non será suficiente para acabar con ese problema que abana ao país, xa que o primeiro ministro e os magistrados ficarian fora de escrutinio.
Anna Hazare, de 74 anos e que viste sempre a tradicional camisa de algodón branca índia, escolleu a táctica pacífica de Mahatma Gandhi de facer folga de fame para se facer ouvir. En abril fixo a primeira e a información que saiu hoxe na prensa local indica que está en xexun desde a sua "deteción prevenitiva". Hazare há afirmado que a batalla contra a corrupción é a "segunda guerra de Independéncia", xa que xusto onte, se celebraba o 64 aniversario da liberación do país da coroa británica e o mesmo primeiro ministro aceitaba no seu discurso que a corrupción é un grande obstáculo para o desenvolvimento do país.
Entre as persoas que foron detidas -e liberadas- por medo ás protestas se atopaba Kiran Bedi, unha ex directora do departamento de investigación de policia, que xunto a Hazare se voltou unha das voces mais contundentes contra a corrupción.

O goberno tentou descalificar á activista dicendo que tamén a sua organización estaba plagada de irregularidades e que o Hazare está a facer política. O ministro de Interior, P. Chidambaran, xustificou o arresto dicendo que ainda que "as protestas son aceitadas e ben-vidas, deben ter certas condicións".
O goberno índio pedira a Hazare e ás organizacións que o apoian que limitasen o número de persoas e o número de dias de xexun a tres. Hazare pretendia facer folga de fame até a morte, de non cumplirse a sua pedido en relazón coa proposta de lei anticorrupción.

O septuagenario, prevendo a sua deteción, deixou gravado un vídeo no que pedia aos índios que non deixasen que esta batalla acabase asi. Os seus seguidores obedeceron-lle e han-se manifestando en varias cidades de Índia con eslógans como "Eu son Anna Hazare, por favor arréstenme" ou "Revolución en contra da corrupción". Os escándalos destapados nos últimos meses acordaron a conciencia dos índios en contra desta lacra e converteron-a, xunto á inflación, nunha das suas principais preocupacións.

ANA GABRIELA ROJAS / Para El Pais.com

martes, 16 de agosto de 2011

India: Ataque da guerrilla comunista a campamento da CRPF.-


correovermello-noticias. New Dheli, 16.08.11

O pasado luns mentras realizaban-se as ceremonias da Independecia da India, un destacamento do guerrilleiro EGPL atacou unha base da policia militarizada.
Fontes da axencia IANS dan conta deste ataque no distrito de Khunti, no pobo de Raina. Non se informa de baixas ainda que a policia afirma que poido ferir a varios combatentes revolucionarios. O combate que durou perto de unha hora, rematou có repliege das forzas guerrilleiras.
O clandestino PCI (maoísta) tiña chamado a boicotear as celebracions oficiais da Independencia.

viernes, 12 de agosto de 2011

India: A guerrilla comunista faise presente nas cidades.


correovermello-noticias. New Dheli, 12.08.11
Según a axencia AFP que cita fontes gubernamentais, nas mais importantes cidades da India tense detectado unha maior presencia de actividade do clandestino PCI (maoísta) e das suas organizacións da fronte.
O Ministro do Interior, citou entre estas cidades, a New Dheli, Calcuta, Bombay, Mumbai e a sureña cidade de Chennai. Asi mesmo desmentiu o uso de avions non tripulados na loita contra a guerrilla naxalita mais confirmou o uso de helicopteros para operacions especiais.
Tamen suliñou o maximo responsabel gubernamental para a represión, que os maoistas teñen presencia en 20 dos 29 Estados da Unión, e que nos seus cadros tiñan gran presencia as mulleres.
Asi mesmo a prensa hindú recolle un novo enfretamento entre forzas represivas gubernamentais e unidades do EGPL nos bosques de Largarh. No mesmo resulto ferido un membro do policial 163 Batallón da CRPF.

martes, 9 de agosto de 2011

India: Autoridades reaccionarias de Andhra Pradesh prolongan ilegalización dos maoístas.

Unha noticia da axencia Espress News Service desde Hydebara, informa que as autoridades do Estado de Andhra Pradesh teñen decidido prolongar a ilegalización do PCI (maoísta) e de seis organizacións cercanas ao mesmo.
A prohibición do PCI (maoísta) data do 17 de agosto 2005, tras o fracaso de unhas conversacións coas autoridades e que remataron tras o mortal atentado contra un membro do Congreso e outras nove persoas, no distrito de Mahabubnagar, atribuido aos maoístas.
As autoridades reaccionarias afirman que as accions dos naxalitas teñen decendido neste Estado este pasado ano, despois das detencións de sus principais dirixentes.

miércoles, 3 de agosto de 2011

Novos apoios a guerra popular na India.


Recentemente tense constituidos novos comités de apoio a revolución na India.
Na cidade colombiana de Cali se formo, o pasado 22 de xullo, o Comité de Apoyo a la Revolución en la India (C.A.R.I) que levara a cabo tarefas de difusión e propaganda nesta importante cidade de Colombia.
Asi mesmo no Estado español, diversas organizacions e colectivos da castela entre eles Comunistas de Castilla-Bandera Roja, Reconstrucción Comunista (Madrid) e Movimiento por el Internacionalismo Proletario, constituiron o Comité Proletario Internacionalista. Seu voceiro sera o blog Revolución en la India, que dende hai tempo, leva acabo un importante traballo de difusión das noticias da Guerra Popular na India e de apoio ao PCI (maoísta), glorioso destacamento que encabeza a revolución na India.
Con este novo comité, son tres os organismos de apoio a guerra popular na India no Estado español; o Comité Internacional de apoyo a la guerra popular en la India-Estado español, e  noso comité que leva adiante campaña internacional na Galiza.
Saudamos estes novos  organismos e a seus compañeiras e compañeiros cos cales esperamos ter unha estreita coulaboración.
Asi mesmo informamos a os nosos lectoras e lectores de que estamos a traballar nunha ampla campaña a realizar, en coulaboración co Comité Internacional, nos vindeiros meses.

INDIA: Axustician a tres reaccionarios.-



Patna, 02.08.11
Según informa Assosiated press unha columna da guerrilla maoísta tomo o pasado sabado a localidade de Banda, a 180 km ao oeste da capital estatal, Patna.
Fontes policiais de Chhattisgard, afirman que os naxalitas executaron a tres veciños da localidade acusados de despotas e axentes do goberno.
Importantes destacamentos das forzas represivas foron desplazados a localidade para localizar ao destacamento guerrilleiro.