miércoles, 17 de agosto de 2011
India: Crece a represión, crece a corrupción.
As protestas sacuden a India.
Nova Delhi. 16.08.11
Anna Hazare, a cara do activismo contra a corrupción en Índia, pasou hoxe a noite na cárcel de Tihar en Nova Delhi, pese a ter recebido das autoridades a orde para a sua posta en liberdade. O activista fora arrestado momentos antes de comezar a sua segunda folga de fame indefinida en protesta pola lacra que salpica ao goberno do país a todos os níveis: a corrupción.
Nun discurso ante o parlamento, o primeiro ministro índio, Manmohan Singh, dixo que é "totalmente infundada" a campaña anticorrupción lanzada por Hazare. Sihgh e segurou que o comportamento do activista busca o conflito. O primeiro ministro tivo que interromper o seu discurso varias veces abucheado aos parlamentários de oposición.
A folga non contaba co permiso das autoridades, que o levaron tras comprobar que pretendia seguir co seu plano a pesar de non ter autorización. 1.300 de seguidores de Hazare foron detidos tras o arresto do activista en diversas cidades da Índia, ainda que moitos deles foron liberados ao longo do dia. A policia levou a cabo esta operación polo temor de que os altercados medrasen. É asi foi. Unha cascada de protestas rexistaron-se en contra do arresto. Centos de persoas pasaron a noite ás portas do penal á espera da saída de Hazare, quen se situou en primeira liña da actualidade política na Índia coa sua cruzada contra a corrupción.
O activista segurara que a proposta de lei anticorrupción que está a ser debatida no Parlamento "é un chiste cruel" e que non será suficiente para acabar con ese problema que abana ao país, xa que o primeiro ministro e os magistrados ficarian fora de escrutinio.
Anna Hazare, de 74 anos e que viste sempre a tradicional camisa de algodón branca índia, escolleu a táctica pacífica de Mahatma Gandhi de facer folga de fame para se facer ouvir. En abril fixo a primeira e a información que saiu hoxe na prensa local indica que está en xexun desde a sua "deteción prevenitiva". Hazare há afirmado que a batalla contra a corrupción é a "segunda guerra de Independéncia", xa que xusto onte, se celebraba o 64 aniversario da liberación do país da coroa británica e o mesmo primeiro ministro aceitaba no seu discurso que a corrupción é un grande obstáculo para o desenvolvimento do país.
Entre as persoas que foron detidas -e liberadas- por medo ás protestas se atopaba Kiran Bedi, unha ex directora do departamento de investigación de policia, que xunto a Hazare se voltou unha das voces mais contundentes contra a corrupción.
O goberno tentou descalificar á activista dicendo que tamén a sua organización estaba plagada de irregularidades e que o Hazare está a facer política. O ministro de Interior, P. Chidambaran, xustificou o arresto dicendo que ainda que "as protestas son aceitadas e ben-vidas, deben ter certas condicións".
O goberno índio pedira a Hazare e ás organizacións que o apoian que limitasen o número de persoas e o número de dias de xexun a tres. Hazare pretendia facer folga de fame até a morte, de non cumplirse a sua pedido en relazón coa proposta de lei anticorrupción.
O septuagenario, prevendo a sua deteción, deixou gravado un vídeo no que pedia aos índios que non deixasen que esta batalla acabase asi. Os seus seguidores obedeceron-lle e han-se manifestando en varias cidades de Índia con eslógans como "Eu son Anna Hazare, por favor arréstenme" ou "Revolución en contra da corrupción". Os escándalos destapados nos últimos meses acordaron a conciencia dos índios en contra desta lacra e converteron-a, xunto á inflación, nunha das suas principais preocupacións.
ANA GABRIELA ROJAS / Para El Pais.com
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario