sábado, 29 de enero de 2011

India: Importante combate no Estado de Jharkhand.

New Delhi, 28.01.11
Según axencias de prensa que citan fontes das forzas de seguridade gubernamentais, tense producido unha importate batalla, entre forzas represivas e efectivos do Exercito Guerrilleiro Popular de Liberación, nunha zona boscosa perto da capital Ranchi, no Estado de Jharkhand.
Os combates que prolongaronse perto de cinco horas e a polícia afirma ten dado morte a oito guerrilleiros e capturado armamento. Non se informa das baixas entre as forzas gubernamentais.

Correo Vermello - noticias

jueves, 6 de enero de 2011

Asina a petición on-line en defensa do Dr. Banayak Sen

Na web www.petitiononline.com/sen2010/petition.html   podes asinar unha carta dirixida ao Presidente da India, para protestar pola condena de cadea perpetua ao Dr. Sen.
A mesma foi asinada por un grande numero de coñecidas personalidades democraticas como Noan Chomsky entre outros.

India: A condena a cadea perpetua do doutor Binayak Sen, unha burla á xustiza afirma Amnistia International

India: A condena a cadea perpetua do doutor Binayak Sen, unha burla á xustiza.

Índice AI: PRE01/432/2010

A cadea perpetua imposta ao doutor Binayak Sen por un tribunal do estado indio de Chhattisgarh vulnera as normas internacionais de imparcialidade procesual e é probable que exacerbe as tensións nunha zona afectada por conflitos, declarou hoxe Amnistía Internacional.

"A cadea perpetua é unha pena excepcionalmente dura para calquera persoa, máis aínda para un defensor dos dereitos humanos recoñecido internacionalmente que nunca foi acusado de ningún acto de violencia -declarou Sam Zarifi, director do Programa para Asia e Oceanía de Amnistía Internacional-. As autoridades estatais e federais da India deben retirar estes cargos formulados por motivos políticos contra o doutor Sen e poñelo en liberdade. "

O doutor Binayak Sen foi declarado culpable de sedición e de conspiración en aplicación da Lei Especial de Seguridade Pública de Chhattisgarh de 2005 e da Lei de Prevención de Actividades Ilegais de 2004.
O doutor Sen, que estaba en liberdade baixo fianza dende maio de 2009, foi detido en canto se fixo pública a sentenza.

"O doutor Sen, a quen Amnistía Internacional considera preso de conciencia, foi declarado culpable en aplicación dunhas leis intolerablemente imprecisas e que incumpren as normas internacionais sobre axuizamento penal -afirmou Sam Zarifi-. En lugar de perseguir ao doutor Sen, as autoridades de Chhattisgarh deberían actuar para protexer os habitantes da rexión dos abusos que cometen.... as forzas de seguridade estatais e as milicias. "

"Esta condena intimidará seriamente outras persoas que defenden os dereitos humanos e que darían unha saída pacífica ás reclamacións da poboación, especialmente ás dos indíxenas adivasis", engadiu Zarifi.

O goberno central da India recoñeceu que o crecente conflito armado cos maoístas na rexión central do país é consecuencia das graves desigualdades existentes e dun historial de violacións de dereitos humanos na zona. Amnistía Internacional cre que os cargos formulados contra o doutor Sen carecen de fundamento e teñen motivación política.

O doutor Binayak Sen é un pioneiro da atención para a saúde a comunidades marxinadas e indíxenas de Chhattisgarh, onde a policía estatal e maoístas armados levan enfrontándose sete anos. O doutor Sen denunciou homicidios ilexítimos de adivasis (indíxenas) ás mans da policía e de Salwa Judum, unha milicia privada que moitos cren que está patrocinada polas autoridades estatais para combater os maoístas armados.

O doutor Binayak Sen estivo recluído sete meses sen cargos. Denegóuselle a liberdade baixo fianza e sometéuselle a réxime de illamento tres semanas. Moitos dos cargos formulados contra el baséanse en leis que infrinxen as normas internacionais. As reiteradas demoras na celebración do seu xuízo sementaron dúbidas sobre a súa imparcialidade.

Amnistía Internacional pediu en reiteradas ocasións as autoridades indias que retiren inmediatamente todos os cargos formulados contra o doutor Binayak Sen.

martes, 4 de enero de 2011

India: O PCI (maoísta) unha seman de loita contra a represión.

Nunha ampla Declaración, o clandestino Partido Comunista da India (maoísta) chama a organizar unha Seman de Loita, do 2 ao 8 de xaneiro, contra a represión.
A mesma foi feita o pasado dia 24 de decembro mentras as autoridades reaccionarias condeaban a cadena perpetua ao coñecido defensor dos dereitos civis o Dr. Binayak Sen xunto ao dirixente do PCI (maoísta) camarada Narayan Sanyal e ao comerciante Piyush Guha.
Foron acusados de Sedición e Conspiración (seccions 124 e 120B) polo xuiz B.P. Verma do distrito de Raipur.
Unha condea a oito anos de cadea foi impuesta o mesmo dia ao camarada Asit Sengupta, redactor da versión hindi da revista internacionalista Un Mundo que Gañar, polo xuiz O.P. Gupta.
No seu deseperado intento de frenar a guerra popular revolucionaria, que dirixen os maoístas, o podre Poder reaccionario non duvida en falsificar probas para deter e meter na cadea a coñecidos defensores do pobo.
Na mesma declaración o PCI (maoísta) dí:
"Facemos un chamamento a todas as organizacións, colectivos e persoas progresistas, democráticos e revolucionarios de distintos países, para que condenen con dureza este acto criminal das clases dirixentes indias e expresen a súa irada protesta a través dos diversos medios democráticos de loita. No pasado, a comunidade internacional alzouse con toda a súa poderosa solidariedade do lado dos movementos populares indios, condenou a detención de Binayak Sen e esixiu a súa liberación inmediata. Agora chegou o momento de que desempeñe este papel con maior firmeza.

"Este chamado internacionalista ten que ter eco na Galiza e no Estado español e polo mesmo chamamos a participar nesta seman de loita con diversas accions de protesta como o envio de correos electronicos aos consulados da India no Estado:

Barcelona,  hcg.barcelona@embassyindia.es
Tenerife,  hcg.tenerife@embassyjndia.es

Así mesmo temos previsto traducir o comunicado dos comunistas de India e repartir copias do mesmo en diversas localidades.

COMITÉ GALEGO DE APOIO A GUERRA POPULAR NA INDIA.