miércoles, 27 de julio de 2011

India: Declarados ilegais as bandas policiais en Chhattisgarh. EFE.




Unha corte de apelación do Supremo ordenou ao goberno rexional de Chhatisgarh (este) un "cesamento e renuncia" inmediata do recrutamento dos chamados "oficiais especiais de policía" (SPO), en realidade mozos mal equipados que se dedican a loitar contra a insurxencia.

Segundo unha sentenza a raíz do recurso presentado pola profesora universitaria Nandini Sundar, o uso de cidadáns "mal adestrados e sen cualificación" vai contra o mandato "moral e constitucional" do Goberno.

O Goberno de Chhattisgarh deberá agora requisar as armas de fogo e as municións entregadas ao corpo, composto por uns 4.200 membros entre os cales, segundo denuncian distintas organizacións de dereitos humanos, hai tamén menores.

"Trátase dunha vitoria da Constitución e un gran paso adiante. O Tribunal considerou que armar mozos supoñía dividir á sociedade, e oponse a unha solución só militar", valorou a Efe a profesora Sundar.

Con presenza en aproximadamente a metade das 35 divisións administrativas do país, a guerrilla maoísta, coñecida na India como "naxalita", está sobre todo activa no chamado "cinto vermello", unha franxa de territorio que percorre o centro e o leste.

Alí, os rebeldes teñen numerosos campos de adestramento e buscan refuxio sobre todo en zonas boscosas e de difícil acceso, onde contan a miúdo co apoio de sectores da poboación tribal, tradicionalmente discriminada e allea ao desenvolvemento.

O movemento maoísta, que foi cualificado polo primeiro ministro, Manmohan Singh, como a maior ameaza interna do Estado, conta cuns 20.000 guerrilleiros e busca o apoio do campesiñado para implantar unha revolución agraria de corte comunista.

As autoridades cifraron a principios de ano en 1.169 as vítimas mortais rexistradas en 2010 nos enfrontamentos armados entre as forzas de seguridade e os insurxentes.

O Goberno indio descartou ata agora a entrada en liza do Exército para rematar co movemento maoísta, e son as forzas da Policía e os SPO -adestrados durante seis meses- os que ata agora se enfrontaban aos guerrilleiros. EFE

lunes, 25 de julio de 2011

India: Ataque guerrilleiro deixa catro mortos en Raipur.


correovermello-noticias. New Delhi, 25.07.11
A axencia ANSA informa dun ataque da guerrilla maoísta, o pasado xoves, a un comboy de políticos gubernamentais no Estado de Chhattisgarh.
No mesmo viaxaba un significado xefe político local de Raipur, que  outras fontes siñalan a Nandkumar Patel, presidente do partido do Congresso in Chhattisgarh  que pudo fuxir a emboscada guerrilleira.
Numerosos vehiculos foron destruidos e as autoridades confirman a morte de catro policias e unha ducia de feridos entre eles cinco políticos.

viernes, 15 de julio de 2011

"Merca o libro; Guerra Popular en la India."


Froito da coulaboración entre diversas organizacions de apoio a guerra popular na India do Estado e moi en particular dos camaradas de Cantabria e editado pola editorial comunista Templando el Acero, tense publicado, por primeira vez en castelán, un interesante libro que recolle o testimonio, da coñecida escritora hindú Arundathi Roy, da suas vivencias nas bases de apoio maoístas, así como documentos e declaracións do Partido Comunista da India (maoísta).

Precio: 10 € (incluido gastos de envio)

Pedidos directos ao noso comité;  cgaleagoagpindia@gmail.com

domingo, 10 de julio de 2011

India: Guerrilla naxalita executa a soplons.



Correovermello-noticias. New Delhi, 09.07.11 Según axencias noticiosas da india a guerrilla maoista ten executado en diversas localidades a catro informantes da policia e do exercito.
Trataria-se según as citadas fontes de campesiños que colabouraban coas forzas represivas nas suas respectivas localidades de Koraput, Kotgul e Rayagada.
Asi mesmo reporta-se un ataque á comisaria da policia de Machkund, no que resulto morto un efectivo policial.
Tanto o clandestino PCI (maoísta) como o EGPL teñen denunciado o aumento dos efectivos militares en diversos Estados da Unión, que denuncian coma á intensificación daxenocida operación "Green Hunt."

viernes, 20 de mayo de 2011

India: Emboscadas maoístas deixan 4 mortos nas forzas reaccionarias.



correovermello/noticias. New Delhi, 19.05.11
Según fontes da prensa hindú, en dous importantes combates tiveron lugar no distrito de Gadshiroli, fronteirizo ao Estado de Chhattisgard, nos que resultaron mortos dous comandos especiais da forza 60C e dous polícias.
Catro pelotons dos comandos anti-naxalitas forzas 60C, foron emboscados por unidades do EGPL, mentras facian un patrullaxe na zona boscosa de Nargonda, entanblandose unha forte combate, de mais dunha hora, na que os guerrilleiros lanzaron granadas e foguetes contras as forzas reaccionarias.
Asi mesmo, a uns 20 km, una forza policial reaccionaria dos CRPF foi atacada por espacio de duas horas, sufrindo dous mortos e un numero indeterminado de feridos. Non se reportan baixas nas forzas dos naxalitas.

lunes, 16 de mayo de 2011

A Semana Internacional de apoio á guerra popular en India, inesplicables silencios. Un artigo de M. Alonso / correovermello

A Semana Internacional de apoio á guerra popular en India, inesplicables silencios. M. Alonso

correovermello. A semana do 2 ao 9 de abril, tivo unha especial importancia, pois a nivel internacional realizáronse, con gran exito, actos de solidariedade e apoio á guerra do pobo hindú que encabeza o Partido Comunista da India (maoísta) para varrer as montañas que oprimen ás masas populares neste importante pais.

A Revolución Proletaria Mundial é o conxunto de procesos revolucionarios, que nas súas diversas fases e condicións especificas teñen como obxectivo a toma do Poder, destruíndo a vella sociedade capitalista coa guerra popular revolucionaria.
Para os comunistas, os progresistas consecuentes, sexan ou non maoístas apoiar as revolucións proletarias forma parte de aplicar Internacionalismo Proletario e isto á marxe do estadio de desenvolvemento das mesmas, das dimensións dos países ou do antigo das loitas.

A Campaña foi intensa desde Brasil a Ecuador, de Italia a Mexico, de Austria a Colombia, de Francia ao Estado español.
Neste ultimo, grazas ao traballo dos compañeiros de Cantabria e a colaboración da editorial comunista Amornando o Aceiro foi publicado un libro, o primeiro en castelán, con testemuños e documentos do PCI (maoísta), en Catalunya, Galiza, Zamora e Madrid realizáronse múltiples accións de propaganda.
Pero, claro que non todos foron apoios. Dos revisionistas e os reaccionarios non os esperabamos pero dalgunhas organizacións ML, sectores progresistas ou ata dalgunhas organizacións maoístas, esperabamos outra actitude. Hai silencios inesplicables e inescusables, incompatibles co Internacionalismo Proletario.
Hai camaradas, de destacamentos de probado compromiso revolucionario, que parecen que só miran cara ao embigo da súa revolución, pensan que só a mesma é importante.
¡Estan moi equivocados!
¡ Esquecen que son parte da Revolución Proletaria Mundial !
Esta actuación oportunista, camaradas, hai que corrixila, sobre todo cando a nova onda da RPM lanza aos pobos contra os explotadores e cando é mais necesario que destacamentos armados co m-l-m encabecen esas loitas. Cando é mais necesario un forte agrupamiento dos comunistas revolucionarios.

M. Alonso.