jueves, 7 de diciembre de 2017
GALIZA: Pesar polo falecemento do Camarada Pierre.
Nota de imprenta.
Con grande pesar recebemos a noticia da morte, nun accidente, do camarada Pierre, un activo defensor da guerra popular revolucionaria que leva adiante o Partido Comunista da India (maoísta) e importante figura dos comunistas marxistas-leninistas-maoístas na Francia.
Tivemos ocasión de compartir momentos co camarada, na grande conferencia internacionalista de Hamburg en defensa da guerra popular na India, e apreciar o seu cariño polas masas e polos compañeiros e compañeiras que traballamos activamente nesta loita.
En nome das compañeiras e compañeiros que facemos parte do Comité Galego expresamos o noso pesar e cariño a súa compañeira, amigos e camaradas do PC-maoísta da Francia.
Honor e Gloria ao camarada Pierre !
Galiza, 06.12.17
Comité Galego de Apoio a Guerra Popular na India.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario