jueves, 5 de octubre de 2017

Europa:O Parlamento Europeo aproba unha resolución para iniciar o establecemento dun Tratado de Libre Comercio coa India.





O Parlamento Europeo aproba unha resolución para iniciar o establecemento dun Tratado de Libre Comercio coa India.

O 13 de setembro o Parlamento Europeo aprobou con unha grande maioria, unha resolución para iniciar as negociacións dun Tratado de Libre Comercio co Estado Fascista e Xenocida da India.

Temos que salientar a posición da Europarlamentaria Galega Lidia Senra, mostrando o seu firme compromiso coas clases traballadoras da India, que votou en contra de dita resolución coa seguinte explicación:

“O  obxectivo principal desta resolución é acelerar as negociacións para o establecemento dun Tratado de Libre Comercio UE-India. En coherencia coa nosa posición sobre este tipo de acordos que aseguran os beneficios das corporacións e empobrecen ás poboacións, votei en contra desta resolución. Ademais, non aborda as graves violacións dos dereitos humanos que se producen neste país, como é o caso do profesor GN Saibaba, cuxa situación denunciei en numerosas ocasións fronte ás institucións da UE, ou a de deceas de activistas sociais, como a profesora Soni Sori; así como a completa vulneración dos dereitos humanos dos pobos adivasis”.

Dende o Comité Galego da Apoio a Guerra Popular na India facemos un chamado a loitar contra este Tratado que pretende esmagar aínda máis ao pobo da India, para beneficio das multinacionais e as burguesías europeas, así como a os seus colaboradores da burguesía compradora india.

No hay comentarios:

Publicar un comentario