LIBERDADE PARA O PROFESOR SAIBABA
E DEMAIS PRESOS POLITICOS NA
INDIA !
Ao Pobo Traballador galego:
Con grande preocupación e indignación internacionalista temos recibido a noticia da condea, xunto a tres camaradas, a cadea perpetua por un tribunal do vello Estado da India do profesor G.N. Saibaba.
Os cargos, todos eles, baixo leis excepción baséanse na ideoloxía maoísta do profesor Saibaba e demais encausados e amosan o carácter antidemocrático e de represión que exerce o vello Estado contra quenes loitan por unha nova sociedade na India que rache coas cadeas da explotación a semi-feudalidade dos brahamans eo imperialismo.
Amosamos o noso cariño e simpatia pola esposa do profesor Saibaba e os familiares e amigos dos condeados neste novo xuízo farsa carente de toda garantía.
Milleiros de Presos Políticos e Prisioneiros de Guerra atópanse nas cadeas por toda a India, non só maoistas como os camaradas Ajit ou Kobad Ghandy, mesmo tamen da Cachemira ou de Manipur.
Temos o deber internacionalista de defender a vida destes homes e mulleres que seu único delito é loitar polos dereito do pobo.
Temos o deber internacionalista de erger unha poderosa campaña internacional de solidariedade na súa defensa que lle recorde a eles, mesmo tamén ao réxime tiránico de Modi que non están sos, que xunto a eles están os pobos do mundo e tamén noso pobo galego.
Galiza, a 8 de marzo, Día internacional da Muller Traballadora.
Comité Galego de Apoio a Guerra Popular na India.
No hay comentarios:
Publicar un comentario