India: Emboscada do EGPL deixa dous policias feridos en Bijapur.
correovermello-noticiasNew Delhi, 24.09.16
Según un reporte da axencia PTI, dous axentes das forzas represivas resultaron feridos nun ataque maoísta no distrito de Bijapur no estado de Chhattisgarh o pasado xoves.
Unha patrulla das Special Task Force e forzas da policia local foron emboscados polos guerrilleiros perto da localidade de Madded, a 450 km da capital do estado Raipur.
Os naxalitas fixeron estoupar unha mina ao paso da patrulla e de seguido efectuaron un intenso fogo de armas automaticas. Dous axentes resultaron feridos, entre eles un policia secreta. Posteriormente foron evacuados en helicóptero a Raipur, informa a PTI.
No hay comentarios:
Publicar un comentario