miércoles, 2 de septiembre de 2015
MANIPUR: Revolta popular contra novas leis que permiten arrebatar as terras aos campesiños.
correovermello-noticias
Imphal, 02.09.15
Por terceiro día, continuan os graves incidentes provocados pola aprobación de leis que permiten arrebatar as terras dos campesiños tribais e que ten deixado un saldo de oito persoas asasinadas pola policía e unha treintena de feridos, así como moitas vivendas e oficiñas pasto das lapas, dan conta medios informativos deste Estado ocupado pola India en 1949.
As autoridades indias, han declarado o toque de queda, maís estan a continuar as protestas e mesmo os ataques a vivendas dos membros do goberno estatal e a oficiñas gubernamentais en Churachandpur e Sadar Hills.
En Churachandpur no ataque a unha comisaria de polícia, a mesma disparou sobre os manifestantes matando a tres persoas, un deles un neno de dez anos.
Organizacions xuvenis teñen convocado un bandh (folga) indefinido dende onte, para protestar polos asasinatos e as novas leis ILP, tanto comercios coma escolas e universidades perrmanecen pechados. Un cuartel de policía, ainda por inaugurar, foi pasto das lapas en Komdong e reportase a paralización do trafico na carretera Imphal-Moreh e na autopista Trans Asia.
O gobernador do estado ten chamado a calma e mentras informase da chegada de fortes contixentes de policía militarizada.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario