miércoles, 26 de agosto de 2015

INDIA: Noticias da guerra popular.





correovermello-noticias
New Delhi, 26.08.15
Reportes da prensa india dan conta dun novo enfretamento entre unidades do Exercito Guerrilleiro Popular de Liberación e forzas da policía militarizada Forzas de Seguridade Fronteiriza (BSF) no Estado de Orisha. No mesmo habrian morto tres efectivos policiais e outros seis resultaron feridos. A forza policial estaba a custodiar as obras dunha ponte perto da zona fronteiriza de Sukma-Malkangiri en Chitrakonda.
Por outra banda reportase a execución dun antigo membro do grupo terrorista fascista Salwa Judum en Bijapur. Según fontes policiais, o individuo foi executado polos maoístas no campo de refuxiados de  Nayapara ao que ingresaron fortemente armados, retirandose despois, hacia a unha zona boscosa.
Tamen informase dun combate de mais de duas horas na selva de Majhiguda, Koraput, entre naxalitas e forzas policiais neste distrito, considerado unha "base vermella".

No hay comentarios:

Publicar un comentario