sábado, 30 de mayo de 2015

INDIA: Ataque do EGPL deixa un oficial morto e dous axentes feridos no Estado de Chhattisgarh.



correovermello-noticias
Raipur, 29.05.15
Un reporte da axencia PTI informa dunha emboscada da guerrilla maoísta contra unha patrulla da Chhattisgarh Armed Force (CAF) no distrito de Sukma, na que resulto morto un oficial desta forza policial e outros dous axentes feridos.
O ataque guerrilleiro, perto da aldea de Dharampenta tivo lugar un día antes da visita do Ministro do Interior da Unión, Rajnath Singh, a zona.
O vehiculo policial foi alcanzado por unha potente explosión e despois entablouse un breve tiroteo, retirandose os guerrilleiros a unha zona boscosa.
Tanto os axentes coma o oficial morto pertenecian ao III Batallón das CAF informa PTI.

No hay comentarios:

Publicar un comentario