domingo, 1 de diciembre de 2013

INDIA: Audaz ataque guerrilleiro a tren en Bihar.



correovermello-noticias
Nova Delhi, 01.12.13
A prensa india da conta dun audaz ataque da guerrilla naxalita ao Inter-City Express no estado de Bihar.
Unha ducia de guerrilleiros, que viaxaban no tren como pasaxeiros, atacaron a escolta da policia de ferrocarris (GRP), deixando tres mortos e dous feridos e capturando un Ak 47, unha metralleta Sten, tres rifles e abundante munición . Despois o comando maoísta fixo frear ao tren perto da localidade de Passikhana e marcharon escoltados por outros guerrilleiros que esparaban a sua chegada. Ningun pasaxeiro resulto ferido.
Noutro ataque Naxalita, dous policías morreron nun tiroteo con maoístas na provincia de Nuapada, Odisha.O tiroteo produciuse cando os rebeldes emboscaron un equipo de policías o venres na zona do santuario Sunabeda , preto de 550 km da capital Bhubaneswar Estado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario