Dende hai tempo algunhas organizacións que din
defender a guerra popular están a criticar ao Partido Comunista da India
(maoísta) e a guerra popular na India tamen aos camaradas de Filipinas e a outros destacamentos maoístas.
Á base das citadas criticas céntranse en
aspectos da loita ideolóxica no MCI, como é cuestión do “pensamento guía, o
papel da xefatura na Revolución ou a militarización do Partido” que foron
desenrolados nos anos 80 no Perú, polo PCP baixo a dirección do Pdte. Gonzalo.
Non é a nosa intención dende India Vermella implicarnos nestes
importantes debates ideolóxicos, mais si tomar posición e rexeitar ataques que
baixo a mascara de “esquerda” revelan un grande chauvinismo e unha falta de ríspeto
a outras organizacións revolucionarias e a outros pobos.
Á humildade e o cariño polas masas é un compoñente
moi importante no comportamento dos revolucionarios, dos comunistas.
Moitos de
nós, recordamos aos “mariscais”, cheos de medallas, que paseaban seu estúpido bastón
de mando polo Estado español nos anos 90 dando ordes e leccións. Nada mais
lonxe da teoría e practica comunista. Non se pode permitir estes comportamentos
en silencio, que practican á podre teoría do “partido pai” difundida polos
revisionistas soviéticos para intervir nos asuntos internos do países.
A solidariedade entre os pobos e o
internacionalismo proletario ten un pedra base que é respecto e o cariño entre
os mesmos. Aqueles que sementan a desconfianza e a división entre as masas tan
só teran como colleita o desprezo das mesmas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario