martes, 20 de agosto de 2013

INDIA – NOTICIAS DA GUERRA POPULAR


Nota – As seguientes noticias foron publicadas nas webs de The Times of India http://timesofindia.indiatimes.com/ e Zee News http://zeenews.india.com/ e tomadas da web Signalfire http://www.signalfire.org/  A traducción ao castelan é responsabilidade de Gran Marcha Hacia el Comunismo. Madrid, agosto 2013. (Extracto) 

AUMENTA O NÚMERO DE CADROS FEMENINOS NOS ATAQUES MAOÍSTAS
Rakhi Chakrabarty – TNN – 14 Agosto 2013 – Nova Delhi – O número de cuadros femeninos do PC da India (Maoísta) involucrados en ataques e enfrentamentos coas forzas de seguridada teñen aumentado de maneira perceptible. As mulleres constituien perto do 30% dos membros da guerrilla maoísta. Aproximadamente un tercio dos maoístas mortos en enfrentamentos coas forzas de seguridade este ano teñen sido mulleres.
Dos 65 maoístas mortos polas forzas de seguridade, 23 son mulleres, sinalou unha fonte. Respondindo a unha pregunta o martes no Lok Sabha [Cámara Baja del Parlamento de la India], RPN Singh, Ministro de Estado para Asuntos de Interior dixo: “Nos incidentes recentes de ataques naxalitas, tense observado a participación dun número sustancial de cadros femeninos. Un extenso número de cuadros femeninos teñen morto igualmente en intercambio de disparos coas fuerzas armadas.” A unidade maoísta que atacou un tren, en Bihar, matando a tres persoas estaba composta por un extenso número de cadros femeninos.
“OS NAXALITAS MANTEÑEN ESTREITOS VINCULOS CON GRUPOS FILIPINOS E TURCOS”
14 Agosto 2013 – Nova Delhi – Os naxalitas están mantindo estreitos vínculos ideolóxicos con organizacions maoístas en Filipinas, Turquía e nalguns uotros países, informó o mercoles Rajya Sabha. O Ministro de Estado para Interior RPN Singh ten declarado que alguns cadros superiores do Partido Comunista de Filipinas impartiron entrenamento a membros do PCI (Maoìsta) en  2005 e 2011.
“O PC da India (Maoìsta) manten estreitos vínculos ideolóxicos con organizacions maoístas en Filipinas e Turquía”, declarou en resposta a unha pregunta. O ministro afirmou que o PC da India (Maoísta) é tamén membro do Comité de Coordinación de Partidos e Organizacions Maoístas do Sur de Asia. Os partidos maoístas do Sur de Asia son membros de esta agurpación. Mais, Singh dixo, que non  datos hai disponibels que amosen que os naxalitas estén recibendo axuda económica ou armamento moderno destes países.

martes, 13 de agosto de 2013

Emboscada maoísta deixa tres para-militares mortos.




correovermello-noticias
New Delhi, 13.08.13
Nunha emboscada do Exercito Guerrilleiro Popular de Liberación no estado de Chhattisgarh morreron tres membros da paramilitar Forza Armada (CAF) informa un reporte da axencia PTI.
Foi no distrito de Narayanpur, perto dunha zona boscosa da poboación de Maharabeda, cando unha patruia do 16º Batallón da CAF foi atacada por guerrilleiros. No enfrentamento morreron tres homes da forza gubernamental e un combatente guerrilleiro, non identificado.
Unidades para-militares foron enviada a zona do combate para unha operación de busqueda.

lunes, 5 de agosto de 2013

Libertade para a camarada Jayeeta Das ! Jayeeta Das, Free !

Comunicado.

O Comité Galego de Apoio a Guerra Popular na India condea enerxicamente o arresto da dirixente estudantil de Calcuta, camarada Jayeeta Das, por efectivos dunha unidade especial da polícia que asaltou e saqueo a sua casa o pasado dia dous de agosto, acusandoa de perteñecer ao PCI (maoísta)
A camarada Jayeeta Das é una moza estudante de cinematografia na Universidade de Jadavpur, activa e coñecida membro do movemento popular na cidade de Calcuta, Bengala Occidental.
A sua detencion é unha nova violación contra os dereitos fundamentais da libertade de expresión do pobo. É unha practica intimidatoria e covarde do rexime da oligarquia da India.
Esiximos a inmediata posta en libertade da camarada Jayeeta Das e demais prisioneiros políticos e o fin da represiva operacion "Green Hunt".
Facemos un chamado as organizacions populares e democráticas do noso pobo a denuncia esta nova acción represiva do rexime hindú.

Libertade para a camarada Jayeeta Das !
Libertade para os prisioneiros políticos revolucionarios !
Viva a victoriosa Guerra Popular na India !


Galiza, 5 de agosto do 2013

Comité Galego de Apoio a Guerra Popular na India.



domingo, 4 de agosto de 2013

Arrestan a xoven activista en Kolkata.



correovermello-noticias
New Delhi, 04.08.13
Jayeeta Das foi arretada o pasado 2 de agosto por forzas da Special Task Force (STF) acusada de vinculos coa guerrilla maoísta, informa á axencia TNN.
A destacada estudante de Cinematografia da Universidade de Jadavpur, membro da Fronte Unida de Estudantes Democráticos e da organización de masas Matangini Mahila Samity foi arrestada e acusada de pertenecer ao Comité de Kolkata do clandestino PCI (maoísta).
Organizacións de dereitos democráticos e o Comité para a Liberación dos Prisioneros Políticos (CRPP) teñen condeado seu arresto e pedida a sua inmediata posta en libertade.

viernes, 2 de agosto de 2013

INDIA: Atentado mortal en Chhattisgarh.



correovemello-noticias
New Delhi, 01.08.13
Un reporte da axencia TNN da conta dun atentado maoísta contra un politico dereitista o pasado dia 31 de xullo, no distrito de Solangi Kanker, Bastar, no Estado de Chhattisgarh.
Tratase de Sumat Usendi de 40 anos, curman do ministro de Bosques de Chhattisgarh Vikran Usendi e antigo membro do Kanker Zila Pashanyat. Un comando guerrilleiro disparou sobre o político na sua casa o pasado mercores. Dende o atentado do 25 de maio donde morreron importantes politicos do Partido do Congreso e do asasinato do vice-presidente da Fronte Democrática Revolucionaria, camarada Prasandam, moitos dirixentes reaccionarios teñen abandoado o Estado por temor a ser victimas dos ataques guerrilleiros.
Asi mesmo informase de que unidades femeninas da CRPF seran deplegadas, por primeira vez, nas zonas de combate contra as unidades do Exercito Guerrilleiro Popular de Liberación. Dantewada no Estado de Chhattisgarh é un posible obxetivo desta decision das autoridades reaccionarias do Estado.
Un recente informe do exercito reaccionario da conta da importante participación das mulleres na guerrilla naxalita.