miércoles, 19 de junio de 2013

GALIZA: Carta do Comité Galego a outras organizacions do país.



Ben queridos compañeiros e compañeiras:
O vindeiro 1º de xullo terá lugar unha xornada internacional de apoio a guerra popular na India adicada ao Camarada Azad. Con tal motivo dende o Comité Galego de Apoio a Guerra Popular na India dirixímonos a vos para que dun xeito publico apoiedes a campaña, ben con un comunicado ou co traballo de difusión e propaganda da mesma.
Tratase de facer chegar a oligarquía hindú á mensaxe de que os pobos que hoxe fan parte de Unión India contan có respaldo dos pobos do mundo na súa xusta loita pola liberación, que expresase na guerra popular prolongada que dirixe o Partido Comunista da India (maoísta).
A ninguén, e menos un revolucionario ou revolucionaria, pódelle pasar desapercibido a grande importancia histórica desta loita das masas populares nun dos Estados mais poboados do mundo. Loita na que enfrontan tamén a inimigos, que coñecemos na Galiza, como as compañías mineiras e a súa cobiza destrutora.
Axuntamos arquivos e información da campaña internacional e pregamosvos que participedes na mesma.
Saúdos vermellos:
Comité Galego de Apoio a Guerra Popular na India.
Galiza, 15 de Xuño do 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario