domingo, 22 de julio de 2012

Revolta dos obreiros da fabrica Maruti.Suzuki en Manesar.





Morto o director xeral da fábrica.

Axencias.
A multinacional automovilística Maruti Suzuki recoñeceu que o morto no incendio provocado durante as revoltas de obreiros do mércores na súa fábrica situada ao sur de Delhi é o director xeral da planta.
O falecido foi identificado como Awanish Kumar Dev e, segundo dixo a EFE o subcomisario da Policía local, Maheshwar Dayal, 91 traballadores foron arrestados acusados de asasinato, e máis de 50 persoas resultaron feridas, entre elas 40 executivos e directivos da fábrica de automóbiles.

Os disturbios na fábrica de Maruti Suzuki, subsidiaria local da xaponesa Suzuki, estalaron tralo despedimento dun empregado que, supuestamente, había abofeteado a un directivo despois de que lle infligiera un trato denigrante.
O problema iniciouse cando se produciu un altercado entre un supervisor e un traballador, pero este último foi despedido de inmediato, o que orixinou unha protesta multitudinaria na planta automotriz que se saíu de control.
Tralos choques, un grupo de traballadores intentou encerrar nunha sala a executivos da empresa, algúns dos cales fixéronse os mortos para salvar a vida.
Importantes dotacions de policia desprazaronse a factoría.
Fontes da policia india acusan aos traballadores protagonistas da rebelión de ter vinculos cos maoístas e concretamente có clandestino PCI (Maoísta) que din conta con bases na cidade.
Polo menos cinco edificios da planta, incluíndo unha sala de control, foron incendiados durante os disturbios, pero cando o lume foi controlado, os bombeiros atoparon os restos calcinados dun corpo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario