jueves, 28 de junio de 2012
Emboscada guerrilleira deixa dous policias mortos e doce feridos.
correovermello-noticias
Nova Dheli, 28.06.12
Nunha nova acción do Exercito Guerrilleiro Popular de Liberación, dous policias resultaron mortos e una ducia feridos. informa IANS.
O ataque foi perto de Topchachi estación da policía do distrito de Dhanbad, reporta a IANS. Os policías feridos teñen sido ingresados no hospital e a condición de dous deles é crítica.
Os naxalitas emboscaron un furgon policial en Jharkhand a noite do martes. Os rebeldes lanzaron otro ataque el mércores, contra unha vía férrea e unha ponte, dixo a policía.
Na noitiña do mércores, os maoístas atacaron unha vía férrea entre Taitulmuri e as estacions de Dhanbad e Nisitpur. Máis dunha ducia de trens vieronse afectados pola explosión.
Os maoístas tamén atacaron unha puente perto da aldea de Giridih do distrito de Chhatapurque que conecta Giridih con Dhanbad. Os naxalitas teñen convocado un bandh, en cinco estados, en protesta pola condea de cinco guerrilleiros maoístas nun tribunal de Uttar Pradesh.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario