lunes, 19 de marzo de 2012

India: Os maoístas esixen o fin dos "safaris humans".



correovermello-noticias

KOLKATA: Os maoístas teñen acusado aos dous italianos retidos en Odisha, de denigrar á poboación tribal e esixiu unha inmediata prohibición da entrada de turistas e visitantes extranxeiros nos cinturons tribais de Odisha.
Nunha carta asinada polo Secretario do Partido en Odisha, camarada Sunil  acuso aos italianos de tratar ao pobo da zona como animais tribais e de promover "Safari humanos"
A guerrilla reten a dous italianos Bosusco Paolo, de 55 anos, un operador turístico que vive en Puri de forma intermitente dende hai 15 anos e Claudio Colangelo, de 60 años que tiña ido a estación da colina de Daringibadi, xunto a dous guías locais da tribu Kandhamal-Ganjam na rexión en Odisha.
Fontes da prensa afirman que teñen establecido ata o 20 de marzo para que o goberno cumpla coas suas demandas, descoñecese si hai negociacions.
Os rebeldes naxalitas esixieron a liberación dos activistas indíxenas que foron arrestados durante los movimientos de loita contra as mineiras POSCO e Vedanta, ou por seus presuntos vínculos cos maoístas. 
A carta consta de demandas como a retirada das fuerzas de seguridade dos bosques  a liberación de seus dirixentes detidos, incluindo a camarada Sujata, esposa do líder maoísta Sabyasachi Panda e o fin inmediato da operación Green Hunt.A crise ten obligado ao goberno do estado a suspender as operacions de contra-insurxencia contra a guerrilla maoísta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario