domingo, 18 de septiembre de 2011

Bengala, a man invisibel dos maoístas. Un articulo de S. Bhattacharya



A MAN INVISÍBEL DOS MAOISTAS, DE REGRESO EN BENGALA
 Por Snigdhendu Bhattacharya Traducido ao castelan por ÓDIO DE CLASE
 10 de setembro de 2011


De símbolo do terror e da subxugación, os maoistas buscan agora un troco de percepción. Ou é o que semella, alomenos nas suas bastions na rexión de Jangalmahal en Bengala.

Nas zonas dominadas polos maoistas en Midnapore Ocidental, a uns 130-150 quilómetros de Calcuta, zonas que The Hindustan Times visitou recentemente, os rebeldes non só recuperaron o terreno perdido se non que puxeron en funcionamento, ademais, centros de saúde e escolas, construen diques e reparan os camiños e encoros.

Mentres o goberno de Mamata Banerjee tenta entablar o diálogo, os rebeldes se concentran no desenvolvimento.

Tres organizacións –Santrash Durnity OU Samrajyobadi Agrason Birodhi Ganatantrik Mancha (SDSABGM), o Comité Nari Izzat Bachao (NIBC) e Chhatra Samaj (SC)- están á vanguarda das labores de desenvolvimento que os maoistas están a levar a cabo nestas áreas.

O goberno recoñece  o desenvolvimento. “Eles (os rebeldes) non nos impediron ainda levar a cabo proyectos de desenvolvimento. Pero en alguns ámbitos atopamos que as xentes se negan a traballar nos nosos proyectos unha vez que traballaron nas denominadas iniciativas populares”, dixo Sukumar Hansda, ministro de desenvolvimento da rexión ocidental.

“Sen a mais mínima presenza da administración civil, nos vemos obrigados a tomar nós as rédeas”, dixo o presidente do NIBC, Jyotsna Mahato, a The Hindustan Times na rexión de Aguimoni, dependinte do posto de policia de Jhargram.

O SDSABGM e o NIBC administran non menos de 20 centros de saúde en Lalgarh, Jhargram, Gopiballavpur, Nayagram, Salboni, Belpahari e Binpur, todos eles bastions maoistas.

Os médicos cirurxáns visitan os centros de saúde los para alomenos unha vez por semana.

A cuota é de só 5 rupias. E para aquilos que nen siquieira poden permitir-se o luxo deste prezo, a atenzón é gratuita.

O SC se ocupa de  25 centros educativos para nenos nos que xovens locais educados aprenden gratuitamente.

Fai un ano, a “iniciativa popular” –Veri-Bandh- construiu un muro de conteción sobre o rio Kansabati en Bandorboni. As traballadores voluntárias das aldeas viciños construiron o tramo de 1,5 Km en só 23 dias.

“Canto mais pretenda a administración bloquear estas iniciativas, tanto mais fácil resultará mostrar a sua verdadeira natureza á o pobo”, dixo un aldeano de Kurashole, na rexión do posto de policia de Jhargram, que se despede de nós con un “Lal Salaam” (a forma en que os rebeldes saudan [“saúdos vermellos”]).

Só o tempo dirá se as novas instalacións son magoas un troco de cara dos rebeldes para evitar que se lles detecte, ou se son o sinal dun transformazón real.

Tomado de : http://csrinde.wordpress.com/2011/09/13/inde-lles-maoistes-progressent-construisent-deas-hopitaux/


Tomado de; Publicado por Martin Aceiro - Vale do Cauca, Colombia para Polemica Internacional Marxista-Leninista-Maoista.

No hay comentarios:

Publicar un comentario