miércoles, 27 de julio de 2011

India: Declarados ilegais as bandas policiais en Chhattisgarh. EFE.




Unha corte de apelación do Supremo ordenou ao goberno rexional de Chhatisgarh (este) un "cesamento e renuncia" inmediata do recrutamento dos chamados "oficiais especiais de policía" (SPO), en realidade mozos mal equipados que se dedican a loitar contra a insurxencia.

Segundo unha sentenza a raíz do recurso presentado pola profesora universitaria Nandini Sundar, o uso de cidadáns "mal adestrados e sen cualificación" vai contra o mandato "moral e constitucional" do Goberno.

O Goberno de Chhattisgarh deberá agora requisar as armas de fogo e as municións entregadas ao corpo, composto por uns 4.200 membros entre os cales, segundo denuncian distintas organizacións de dereitos humanos, hai tamén menores.

"Trátase dunha vitoria da Constitución e un gran paso adiante. O Tribunal considerou que armar mozos supoñía dividir á sociedade, e oponse a unha solución só militar", valorou a Efe a profesora Sundar.

Con presenza en aproximadamente a metade das 35 divisións administrativas do país, a guerrilla maoísta, coñecida na India como "naxalita", está sobre todo activa no chamado "cinto vermello", unha franxa de territorio que percorre o centro e o leste.

Alí, os rebeldes teñen numerosos campos de adestramento e buscan refuxio sobre todo en zonas boscosas e de difícil acceso, onde contan a miúdo co apoio de sectores da poboación tribal, tradicionalmente discriminada e allea ao desenvolvemento.

O movemento maoísta, que foi cualificado polo primeiro ministro, Manmohan Singh, como a maior ameaza interna do Estado, conta cuns 20.000 guerrilleiros e busca o apoio do campesiñado para implantar unha revolución agraria de corte comunista.

As autoridades cifraron a principios de ano en 1.169 as vítimas mortais rexistradas en 2010 nos enfrontamentos armados entre as forzas de seguridade e os insurxentes.

O Goberno indio descartou ata agora a entrada en liza do Exército para rematar co movemento maoísta, e son as forzas da Policía e os SPO -adestrados durante seis meses- os que ata agora se enfrontaban aos guerrilleiros. EFE

lunes, 25 de julio de 2011

India: Ataque guerrilleiro deixa catro mortos en Raipur.


correovermello-noticias. New Delhi, 25.07.11
A axencia ANSA informa dun ataque da guerrilla maoísta, o pasado xoves, a un comboy de políticos gubernamentais no Estado de Chhattisgarh.
No mesmo viaxaba un significado xefe político local de Raipur, que  outras fontes siñalan a Nandkumar Patel, presidente do partido do Congresso in Chhattisgarh  que pudo fuxir a emboscada guerrilleira.
Numerosos vehiculos foron destruidos e as autoridades confirman a morte de catro policias e unha ducia de feridos entre eles cinco políticos.

viernes, 15 de julio de 2011

"Merca o libro; Guerra Popular en la India."


Froito da coulaboración entre diversas organizacions de apoio a guerra popular na India do Estado e moi en particular dos camaradas de Cantabria e editado pola editorial comunista Templando el Acero, tense publicado, por primeira vez en castelán, un interesante libro que recolle o testimonio, da coñecida escritora hindú Arundathi Roy, da suas vivencias nas bases de apoio maoístas, así como documentos e declaracións do Partido Comunista da India (maoísta).

Precio: 10 € (incluido gastos de envio)

Pedidos directos ao noso comité;  cgaleagoagpindia@gmail.com

domingo, 10 de julio de 2011

India: Guerrilla naxalita executa a soplons.



Correovermello-noticias. New Delhi, 09.07.11 Según axencias noticiosas da india a guerrilla maoista ten executado en diversas localidades a catro informantes da policia e do exercito.
Trataria-se según as citadas fontes de campesiños que colabouraban coas forzas represivas nas suas respectivas localidades de Koraput, Kotgul e Rayagada.
Asi mesmo reporta-se un ataque á comisaria da policia de Machkund, no que resulto morto un efectivo policial.
Tanto o clandestino PCI (maoísta) como o EGPL teñen denunciado o aumento dos efectivos militares en diversos Estados da Unión, que denuncian coma á intensificación daxenocida operación "Green Hunt."