domingo, 8 de noviembre de 2015

GALIZA: Apoiar economicamente ao profesor G.N. Saibaba.






Diante das preocupantes noticias sobre a situación legal do profesor da Universidade de Nova Delhi G.N. Saibaba, en liberdade provisoria para recibir tratamento medico para suas doencias así como pola cobarde decision das autoridades administrativas da universidade de desafuizar-lo da súa vivenda, os compañeiros do COMMITTEE FOR THE DEFENCE AND RELEASE OF DR G N SAIBABA teñen feito unha chamada a solidariedade e apoiar economicamente ao profesor e a súa familia.
Dende o noso Comité facemos propio este chamado e pedimos ao noso pobo solidariedade activa ingresando seus donativos na seguinte conta:


Name: A.S. VASANTHA KUMARI
A/c No. 30577065300
Bank& Branch: State Bank of India, Delhi University Branch
 
Address: University Road, University of Delhi, Delhi -110 007.
IFSC code: SBIN0001067
 

viernes, 30 de octubre de 2015

GALIZA: Reforzar a campaña pola liberdade do Camarada Ajith e demais Presos Políticos na India !


Para dar un novo impulso na Galiza a campaña internacional en defensa do Camarada Ajith e demais Presos Políticos na India o noso comité ten previsto reforzar a mesma con novos cartazes, autocolantes e actividades por todo-lo país.

martes, 27 de octubre de 2015

INDIA: Noticias da Guerra Popular.





correovermello-noticias
New Delhi, 27.10.15
Unidades do EGPL capturaron dous vehiculos perto da estacion de ferrocarril Kaikaluru-Basti da líña Kothavalasa-Kirandul (KK) o pasado 26 de octubro, informa The New Indian Express. As fontes dixeron que os maoístas requisaron os séus teléfonos móviles e walkie-talkies. 
Así mesmo uns 37 vehiculos e maquinarias, das obras da carretera Bhopalpatnam-Bhadrakali-Tarlaguda que conduce ao estado de Telangana, foron destruidos polos maoístas, nun ataque a noite do sábado, no distrito de Bijapur, Chhattisgarh, informa o xornal Indianexpress. Neste mesmo estado un membro das CRPF morreu e outro resulto ferido, o domingo, nunha escaramuza con unidades do EGPL, perto do bosque de Maraiguda, a 450 kms da capital Raipur.