jueves, 2 de julio de 2015

GALIZA: LIBERDADE PARA O CAMARADA AJITH !


INDIA: O EGPL xulga con dureza accións contra as mulleres dos séus militantes.



correovermello-noticias
Nagpur, 27.06.15
Un reporte de The Indian Express da conta dun documento do Comité Especial da Zona de Dandakaranya do Exercito Guerrilleiro Popular de Liberación no que informase da execución dun dos seus cuadros e dun severo castigo a outro, por accions contra mulleres da zona ou mesmo camaradas de armas.
Foron xulgados por un tribunal popular acusados de comportamento indiciplinado, anarquista, contrario aos principios do EGPL e da Revolución que dirixe o PCI (Maoísta) e de ir contra a dignidade das mulleres locais e cuadros femeninos.

miércoles, 1 de julio de 2015

GALIZA: Hoxe, no cabodano do inmortal camarada Azad, comenza a nova campaña en defensa do camarada Ajith.


Hoxe, no cabodano do asasinato do camarada Azad comenza a nova campaña internacional do ICSPWI en defensa do veterano intelectual comunista, K Murali, camarada Ajith. Un dos presos políticos máis significativos dos revolucionarios na India.
Do 1º de xullo ao 28 de xullo facemos un chamado ao noso pobo a difundir e apoiar esta nova acción internacionalista contra a represión do réxime reaccionario indiano.
Galiza, 1º de xullo do 2015.

LIBERDADE PARA O CAMARADA AJITH ! 
LIBERDADE PARA OS PRESOS POLÍTICOS REVOLUCIONARIOS NA INDIA!
APOIAR A GUERRA POPULAR NA INDIA !

Comité Galego de Apoio a Guerra Popular na India


martes, 30 de junio de 2015

INDIA: O Prof. GN Saibaba en liberdade provisoria !




correovermello-noticias
New Delhi, 30.06.15
Un reporte do The Indian Express da conta da decisión do Tribunal Superior de Bombay pola que, previa unha fianza de 50.000 Rupias, ordea a excarcelación provisoria do profesor da Universidade de New Delhi GN Saibaba, por un periodo inicial de tres meses para que poida ser tratado no hospital.
O Tribunal tivo en conta o deterioro da saude do profesor Saibaba e a falta de asistencia médica na cadea central de Nagpur.
É sin duvida, un importante paso adiante na defensa da vida do Prof. GN Saibaba e da campaña internacional para conquerir a súa liberdade.