viernes, 25 de octubre de 2013

INDIA: Executan a soplón en Odisha.

 Mapa do Estado de Odisha

correovermello-noticias
New Delhi, 25.10.13
Un reporte da axencia PTI da conta da execución dun dirixente do "pachanyad"no distrito Malkangiri a coarenta kilometros da capital do distrito.
O dirixente feudal, Soumendra Beti (40) foi detido na sua vivenda por un comando do EGPL e axusticiado nun bosque perto da localidade de Padia por suas accions contra o pobo.
Fontes da policía afirman que foi acusado de colaborar coas forzas de seguridade en relación có atentado do pasado maio contra a dirección do Partido do Congreso en Chhattisgarh .

lunes, 21 de octubre de 2013

O Ateneu Proletario Galego publica carta ao embaixador da India.


IMG_5398 

Ante a onda de detençoms, e persecuçoms que nos últimos meses o estado Índio está a levar contra pessoas acusadas de pertencer ao movimento revolucionário Naxalita, os companheiros do comité galego de apoio à guerra popular na Índia dirigem umha carta à embaixada da Índia em Madrid, carta à que nos somámos e que publicamos a continuaçom.

Os abaixo assinantes, queremos-lhe expressar a nossa profunda preocupaçom, pola onda de detençoms e persecuçoms que estam a acontecer no seu país, dirigida contra opositores de esquerda e supostos simpatizantes do movimento conhecido como naxalitas. Destacamos de umha maneira particular o fustigamento por parte dos corpos de seguridade da Uniom, do professor da universidade de Nova Delhi Dr. G. N. Saibaba. Este reconhecido intelectual progressista e a sua mulher foron amedrontados por um destacamento policial permanecendo sequestrados no seu domicílio até que a chegada de amigos e vizinhos puserom em fuga os seus raptores. Polo que conhecemos nom se fixo por parte do governo nengumha investigaçom desta evidente e grosseira violaçom de direitos básicos dos estados democráticos como é a inviolabilidade do domicílio ou a retençom ilegal. Nom se trata de actos isolados, pois o seu governo leva desde fai anos umha operaçom denominada Green Hunt que baixo a desculpa da luta contra o terrorismo tem sementado o terror nas comunidades adivasis e do povo em general. Que saiba vostede e o seu governo que os povos da Índia contam com o apoio e amizade dos povos do mundo e que na Galiza nom vamos ficar calados diante destes actos.
Na Galiza, Outubro do 2013

domingo, 20 de octubre de 2013

INDIA: Accións dos maoístas causan a morte a tres policias.



correovermello-noticias
New Delhi, 20.10.13
Un reporte da axencia ENS da conta das accións das forzas guerrilleiras no distrito de Adilabad, según o mesmo tres efectivos da polícia morreron na explosión dunha mina maoísta, perto da fronteria do distrito fai dous dias.
Unha columna guerrilleira, suposta autora do atentado, teriase despalzado ata os bosques de Dandakaranya en Maharashtra. Á forza guerrilleira, duns 15 combatentes fortemente armados, estaria baixo a dirección do camarada Bhaskar.

domingo, 6 de octubre de 2013

Condeando a represión na India. Nova campaña.


Diante a nova onda represiva contra desatada polo goberno da India contra profesores, artistas e intelectuais progresistas o noso comité ten acordado impulsar na Galiza unha nova campaña para denunciar estas accions represivas.
Temos previsto entre outras impulsar o envio dunha carta de protesta á embaixada da India en Madrid. Tamen contactaremos con outras organizacions politicas e sociais do país para lograr a maxima amplitude da campaña.

Viva o internacionalismo proletario !
Abaixo a dictadura da oligarquia semi-feudal e sua represión contra o pobo!
Abaixo a xenocida operación Green Hunt !




martes, 1 de octubre de 2013

INDIA: O EGPL estaria a formar batallons. (Democracy and Class Struggle)


Según informes non confirmados o maoísta Exercito Guerrilleiro Popular de Liberación estaria a formar unidades a nivel de batallón. Estas novas unidades, da forza principal, de perto de mil combatentes, representarian unha consolidación militar dos naxalitas, que ata agora, combaten en compañias e pelotons.
Según estas fontes as unidades estarian operando xa en zonas de Chhattigarh e Orisha, en bases de apoio consolidadas e aplicando a lei de guerra popular; concentración/dispersión.