miércoles, 30 de mayo de 2012

Convocada Conferencia Internacional en apoio a guerra popular na India o 24 de novembro en Hamburg.



Conferencia Internacional
do 24 de novembro de 2012 en Hamburgo

¡Apoiar a guerra popular na India!

Os xefes do sistema imperialista mundial levan a cabo unha ofensiva
contra os pobos do mundo. Guerras de agresión imperialista como contra
Iraq, Afganistán e Libia marcan o inicio do novo século. Eles preparan a
seguinte guerra contra Siria, Irán ou contra calquera outro, porque unha cousa
é segura, que eles non se van a deter por propia vontade. Á vez,
estes impoñen aos pobos as secuelas da crise, especialmente aos
pobos das nacións oprimidas; pero tamén nos mesmos países
imperialistas, a clase obreira é esmagada permanentemente e os seus dereitos
fundamentais son arrincados rapidamente. Nesta situación, o fascismo non
é un perigo nebuloso, senón unha forza actuante. Ao mesmo tempo, os
imperialistas destrúen o planeta sistematicamente. Todo isto é moi
coñecido. Isto mostra que o imperialismo é reacción en toda a liña, iso
mostra que o imperialismo non coincide co progreso da humanidade e,
máis aínda, coa supervivencia dunha parte cada vez máis grande da
poboación mundial. “O fin da historia” que os imperialistas anunciaron
a toda voz desde os anos noventa, é un inferno para o proletariado e os
pobos do mundo; máis a opresión é un acicate a resistencia, e así, desde o
Perú ata as Filipinas, desde as Illas Británicas ata China, desde
Colombia ata o Kurdistán, desde Nixeria ata Grecia; en todo o mundo
os países queren a independencia; as nacións, a súa liberación; e os
pobos, a revolución. Tal é a base para unha corrente que a de enterrar
ao imperialismo, pero o problema reside en moitos casos, en que a loita
contra o imperialismo limítase só á resistencia sen outra perspectiva
que a propia supervivencia. Por iso, para desenvolver esta loita como
unha onda poderosa da loita antiimperialista e revolucionaria, é necesario o
factor consciente e organizado que sexa capaz de dirixir a loita consecuente
ata o establecemento do Poder do pobo. Polo tanto, vale o
esforzo de dar unha mirada cara á India.

A India, o que as clases dominantes cinicamente presentan como o “Camiño
Indú”, é un exemplo do que “trae o desenvolvemento do imperialismo”- o
ceo para os ricos e o inferno para o pobo. Mentres a riqueza das
53 persoas máis ricas do país é igual ao 31% do PIB do país, vive o
77% da poboación cun ingreso de menos de 20 Rupias (aproximadamente 50
centavos de Euro) ao día. Cada día morren 5,000 nenos a consecuencia do
fame e a desnutrición, isto é preto de dous millóns de nenos mortos por ano.
A porcentaxe da poboación que padece fame é maior que o de Etiopía.
A crise agraria, como consecuencia directa da política
imperialista, causa sempre unha inmensa miseria aos labregos e labregas e
ten como consecuencia unha onda de suicidios, na cal centos de miles de labregos e labregas
desesperados quítanse a vida. A máis grande democracia do mundo?, é un
país no cal a gran burguesía e os terratenentes fan os que se lles vén en gana.
Un país no cal o sistema de castes permanece intacto.
As diferentes minorías, as diferentes nacionalidades e pobos deben
aguantar vivir nunha “prisión de nacións”. Para aumentar a explotación
imperialista, establecéronse Zonas Económicas Especiais, nas cales
as chamadas empresas “transnacionais”poden actuar sen límites.
Ducias de millóns de persoas son obrigadas a converterse en refuxiados internos,
porque son expulsados da terra onde desde sempre viviron os seus
antecesores, para que o capital poida roubar as materias primas alí
existentes.Nós poderiamos mencionar moitos outros exemplos, isto podería
encher todo un libro, a cuestión é clara: a revolución antiimperialista e
antifeudal é unha necesidade para a inmensa maioría do pobo da India.

Esta revolución está en marcha. Baixo a dirección do Partido Comunista da
India (Maoísta) desenvólvese unha guerra popular - cualificada polos máis
importantes representantes das clases dominantes - como o maior perigo
para o sistema. No campo existen miles de organizacións do verdadeiro
Poder do pobo. Nos Comités Populares Revolucionarios, aqueles que
desde fai séculos non tiveron nada, comezaron a construír o seu propio
Estado.
Eles organízanse coas súas propias forzas nunha sociedade onde non existe a fame,
onde hai educación e saúde, e onde quen posúe a terra é
quen a traballa. Alí non existen terratenentes ou lacaios dos
imperialistas. Alí as necesidades das masas son lei. Alí vívese a
verdadeira democracia, a nova democracia do pobo. Nas cidades
avanzan por saltos as organizacións de masas, a clase obreira da India,
en febreiro deste ano, levouse a cabo a folga máis grande na historia
da humanidade, coa participación de 100 millóns de persoas e as
clases dominantes teñen pánico pola crecente influencia dos maoístas.
A guerra popular remove as máis profundas bases da sociedade.

Como non podería ser doutro xeito, as clases dominantes e os seus xefes
imperialistas non quedan tranquilos cos brazos cruzados vendo como o
movemento revolucionario progresa. Eles actúan como sempre e en todo
lugar, eles buscan afogar en sangue a loita do pobo.
Os “especialistas” da loita “contrainsurxente”dos Estados Unidos e
da Mossad de Israel están alí para asesorar no terreo ás forzas represivas.
As forzas paramilitares do Estado loitan diariamente contra a guerrilla,
os chamados paramilitares están organizados e armados militarmente.
O exército e a forza aérea toman parte sempre nos combates.
O Estado reaccionario organizou bárbaras campañas como por exemplo:
Salwa judum, “Green Hunt”, entre outras, e aplica a política que é
comparable á campaña dos Nazis contra a resistencia antifascista na
Segunda Guerra Mundial. Eles aplican sistematicamente asasinatos,
tortura e “desaparicións”contra os dirixentes revolucionarios.

Pero o pobo non se deixa esmagar. A Guerra popular avanza sen deterse
co claro obxectivo da toma do Poder, isto é posible, xa que o factor consciente e organizado, do que nós falamos, existe e está en condicións de dirixir a loita consecuente ata o final. A súa loita é xusta e é unha obrigación internacionalista dar o noso total e firme apoio. A Guerra popular da India ten que fundirse coa loita dos pobos de todo o mundo e ser unha parte da gran corrente revolucionaria que finalmente debe vencer ao imperialismo. O avance dun consecuente movemento anti-imperialista nun país de 1200 millóns de habitantes, fará que a correlación de forzas entre o imperialismo e as nacións oprimidas cambie, e en consecuencia, iso sería un gran impulso ás forzas
revolucionarias de todo o mundo. Apoiar este movemento non significa
soamente cumprir cunha obrigación, senón un servizo ao avance do movemento
en todos os países.

É neste sentido, é que nós organizamos unha conferencia
internacional o 24 de novembro deste ano en Hamburgo.
Nós agardamos, que esta conferencia sexa un importante impulso ao movemento de apoio internacional á guerra popular na India. Delegacións de diferentes
países deberán participar nesta, e a través disto brindar as súas
experiencias e ideas de como elevar esta campaña a un maior nivel.
Nós queremos que esta conferencia sexa, unha conferencia onde se exprese a
iniciativa, a enerxía e a vontade anti-imperialista e revolucionaria de proletarios,
mulleres, novas, inmigrantes, artistas progresistas e intelectuais. Nós non queremos que sexa só un acto formal, senón unha expresión viva de internacionalismo proletario, para que con iso esta poida servir a dar avances concretos na campaña de apoio. A conferencia está aberta a todas as forzas que participan deste obxectivo. Por iso:

¡Todos e todas á Conferencia Internacional de Apoio á Guerra Popular na India!

sábado, 26 de mayo de 2012

INDIA: Afirman haber detido a importante dirixente maoísta.



correovermello-noticias / Signalfire
Nova Delhi, 21.05.12
Nun reporte da axencia Press Trust of India, dase conta da detención pola polícia do camarada Nandu, cercano colaborador do asasinado camarada Kishenji.
Este importante dirixente comunista, membro do Comité Regional Especial Bihar-Jharkhand-Odisha-Chhatisgarh, foi detido, supostamente, perto da estación de ferrocarril de Rancagua a 100 kms de Ranchi.
O camarada Ganju, Ramdas Ganju, oriundo da aldea de Belari no distrito de Bihar Banka, é tamen membro da subcomisión de educación política dos maoístas.
Descoñecemos a veracidade desta información, mais chamamos a permanecer alerta en defensa da vida do camarada Ganju esixindo a sua presentación publica dun xeito inmediato.

miércoles, 23 de mayo de 2012

INDIA:Dirixente maoista advirte as autoridades de Odisha de 'consecuencias'




Dirixente maoísta advirte as autoridades de Odisha de 'consecuencias' por incumplir acordos.
Bhubaneswar, mayo 21 — O Dirixente maoista camarada Sabyasachi Panda ten advertido ao gobierno do estado de Odisha das  consecuencias que poden ter si non manteñen os acordos que fixeron  para asegurar la liberación de dous italianos, retidos pola guerrilla naxalita hai dous meses.
Nun mensaxe de audio aos medios de comunicación o pasado domingo, que tamen foi difundido asi mesmo por canles televisivos locales, o camarada Panda, secretario do clandestino Partido Comunista da India (maoist), recordou que o gobierno había prometido facilitar a liberación de varios prisioneros. Ademáis doutras otras demandas, incluyendo deter as operacions contra os rebeldes e impoñer unha prohibición ao turismo en áreas tribales.
Acusando ao gobierno de non manter aqueles acordos, o camarada Panda dixo que sua compañeira Subhashree fora liberada pero había sido acusada de novos cargos.
O dirixente da guerrilla alegó que Majhi, unha muller tribal, de 22 anos, foi violada polas forzas de seguridade, hace dous anos e permanece en prisión baixo cargos falsos. O goberno había imcumplido sus promesas.
O camarada Panda foi claro en anunciar "violencia revolucionaria" si 0 goberno continúa atacardolos.

IANS

lunes, 14 de mayo de 2012

INDIA: Maoistas convocan folga xeral en protesta dos asesinatos da poboacion tribal.




correovermello-noticias
14.05.12
Fontes da axencia TNN dan conta do asasinato de dous membros da poboación tribal de Visakhapatnam por parte da policia nun falso combate organizado pola policia.
O clandestino PCI (maoista) ten denunciado o crime e chamado a un Bandh para mañan dia 15.
O asasinato según da conta o camarada Ganesh nunha nota de prensa foi unha venganza da policia polo fracaso dun ataque a unha unidade do Exercito Guerrilleiro Popular de Liberación perto as colinas de Pandavulu Luvvasingi.
"Mataron a dous homes inocentes para presentalos como combatentes maoistas mortos no enfrentamento" afirmou o camarada Ganesh, que fixo un chamado ao pobo a protestar polo novo e brutal crime. Asi mesmo suliño que nada conseguirian os reaccionarios e mesmo advirtió ao goberno do Congreso e seus líderes das consecuencias nefastas de seus actos.
 

miércoles, 9 de mayo de 2012

Os maoístas amplian ao sur as zona de loita.




correovermello-noticias
Nova Delhi, 09.05.12
A axencia TNN informa que fonte gubernamentais confirma a expansión da guerrilla do clandestino Partido Comunista da India (maoísta) a outros estados do sur da Unión India.
Karnataka, Kerala y Tamil Nadu serian os estados afectados polas accions dos naxalitas, según o Ministro do Interior Jitendra Singh.
O ministro aseguró que tomarianse as medidas preventivas para impedir a expansión dos guerrilleiros que na actualidade combaten en sete estados da Unión, - Chhattisgarh, Bihar, Jharkhand, Odisha, Bengala Occidental, Maharashtra y Andhra Pradesh - e unha presencia mais secundaria en Uttar Pradesh y Madhya Pradesh.
O goberno afirma que debese as accions da ofensiva Green Hunt que ten obligado aos naxalitas a buscar otras aeras de combate.

martes, 1 de mayo de 2012

India expulsa do país a nove cidadáns franceses por supostos vinculos cos naxalitas


Según un reporte da BBC news, a finais de abril, India ordenou a deportación de nove cidadáns franceses, que foron acusados de cooperar cun grupo de presión indio con presuntos lazos con rebeldes maoístas.
A policía declarou que os franceses entraron no país en calidade de turistas, pero violaron a regulación ao traballar nun grupo comunitario no estado de Bihar.
Os nove franceses foron detidos nunha zona remota da rexión de Nawada, onde chegaran para atoparse con campesiños locais.
A embaixada francesa en Delhi rehusó facer comentarios sobre as expulsións. En febreiro, India deportó a un turista alemán sospeitoso de participar en protestas antinucleares.