sábado, 29 de octubre de 2011

India: Ataque maoísta en Orissa.



correovermello-noticias
Nova Delhi, 28.10.11
Un reporte da axencia IANS, da conta dun ataque da guerrilla naxalita a unha empresa de construcción no pobo de Mundher do distrito de Sambalpur.
Os maoistas retuveron a perto de oitenta traballadores e destruieron 27 camions e volquetes da empresa de construcción, asi mesmo requisaron o armamento dos gardas de seguridade da empresa.
Retirando-se hacia os bosques antes da chegada das forzas da policia.
Informase que nun posterior enfrentamento coas forzas policiais os guerrilleiros perderon unha arma requisada na constructora. Non se facilitan cifras de baixas.
Por outra banda o clandestino PCI (maoísta) fixo un chamado a boicotear as celebracions oficiais da fundación do Estado de Chattisgardh, o 1º de novembro. As forzas gubernamentais teñen desplegado un forte dispositivo de seguridade nos distritos con mais actividade guerrilleira, según informa IANS.

jueves, 27 de octubre de 2011

Chamado do Comité Internacional de apoio a Guerra Popular na India.

O Comité Internacional de apoio á guerra popular na Índia

Nado na apelación da xuntanza de xaneiro 2010 en Paris e que recolleu
a adesión de camaradas de diferentes paises, demostrou, a travès da
semana de mobilización do 2 a 9 de abril, o alcanze internacional e a sua
función de promoción, información e a toma de posición en apoio da
guerra popular na Índia, no contexto mais xeral da situación da loita
de clases, do imperialismo e da loita dos proletários e pobos
esmagados.
Decidiu, no marco da campaña prolongada, tratando as contradiccións
nos diferentes paises, lanzar unha nova semana de acción internacional
desde 14 a 22 de xaneiro, 2012,
coas seguintes consignas:
"A represión do goberno da Índia e do imperialismo, non apaga se non
alimenta a guerra popular"
"Que os ventos da guerra popular na Índia llegen ás masas
proletárias en todos os recunchos do mundo"
A campaña, abre a fase que nos vai conducir á Conferéncia internacional
prevista para o verán de 2012.
A campaña inclue iniciativas e xuntanzas en diferentes paises para
recopilar a adesión á Conferéncia Internacional e organizar a participación.
O Comité pede ao ICAWPI e a todos os comités de solidariedade coa guerra
popular e a revolución da Índia, organizar xuntas esta actividade.

A adesión a nível internacional e en cada país pode ser de todas as
organización, os partidos, os comités que deciden participar, xa sexa
indivídualmente ou como grupo ou grupos das organizacións.

O Comité fai un chamamento a todos os blogs e os sítios que están
contribuindo moito ao coñecemento da guerra popular da Índia, na
denuncia en contra da operación Cacería Verde, e difundindo os documentos do
PCIm. a xogar un papel importante na implementación da campaña e o
éxito da Conferéncia Internacional 2012.

O Comité sobre a base das lecións da campaña anterior, 2-9 abril,
ten como obxectivo principal o proletariado e as masas para unha
participación masiva ás iniciativas.
O Comité convida a todos os que unan á considerar que o apoio á GP
da Índia é o chave que une e moviliza.

O Comité, en particular nos paises imperialistas, se movilizará na
campaña na loita contra as multinacionais índias que amplían mesmo en
os paises imperialistas.

O Comité reitera que apoia en forma de solidariedade todas as guerras
populares e as loitas antiimperialistas que se desenvolven en outros paises
do mundo, considerando-lles todas como importantes e cruciais na loita contra
o imperialismo.

O Comité levará a todas-as manifestacións anti-imperialistas, contra
os cumes políticos e económicos do imperialismo ou contra a guerra
imperialista, a campaña de apoio, a propaganda e a convite para participar na
Conferéncia Internacional

Comité Internacional de Apoio á guerra popular na Índiaoutubro 2011
csgpindia@gmail.com

viernes, 21 de octubre de 2011

Galiza: Charla-Coloquio sobre a Guerra Popular na Coruña.


Onte, no Centro Social Gomes Gaioso* de A Coruña tivo lugar unha Charla-Coloquio sobre a Guerra Popular na  India organizada polo noso comité.
Unha quincena de asistentes escoitaron as palabras de introducción dun membro do Comité Galego de Apoio a Guerra Popular na India, que fixo un percorrido pola historia do movemento naxalita, dende o ano 1967 ata actualidade. Tivo un particular recordo para os camaradas Charu Mazundar e Azad asasinados polos corpos represivos do vello reximen reaccionario hindú.
Un animado coloquio que centrou-se nas perspectivas da revolución na India e no mundo pechou este acto, que valoramos dun xeito moi positivo.
Agradecemos moi particularmente as compañeiras e compañeiros do C.S. Gomes Gaioso pola sua colabouración na realización da mesma.

*Este Centro Social da Coruña, leva o nome do dirixente do Exercito Guerrilleiro de Galicia e dirixente do PCE, asasinado pola dictadura feixista, no 1948.

jueves, 20 de octubre de 2011

India: O PCI (maoísta) convoca un banh (folga xeral) en Bengala occidental.-



correovermello-noticias
Nova Dheli, 20.10.11
Según a axencia PTI o clandestino Partido Comunista da India (maoísta) ten convocado un bandh para o vindeiro dia 22 de octubro, no que se considera unha resposta ao ultimatum lanzado polas autoridades do Estado para que depongan as armas.
Fontes maoístas denuncian as accions terroristas contra a poboación levadas a cabo por bandas para-militares e policiais. Estas denuncias son tamen sotidas por organizacions defensoras dos dereitos humans.
O premier do Estado de Bengala Occidental, Mamata Banerjee tiña dado aos maoistas un plazo de sete dias para o abandono das armas, o pasado 15 de octubro no marco  dunha visita a Jhargam, no distrito de Midnapore.





jueves, 13 de octubre de 2011

India: Morre un membro do PCI (maoísta) nun suposto enfrentamento.-


correovermello-noticias
Raipur, 12.10.11
Fontes da policia informan da morte dun membro do clandestino Partido Comunista da India (maoísta) en un suposto enfrentamento entre unidades do EGLP e da militarizada CRPF perto da aldea de Chinari, no Estado de Chhattisgarh.
PTI, informa que nun ataque, duns 30 efectivos guerrillerios a unha columna da CRPF, resulto morto el camarada Negi Rawat que tiña unha recompensa pola sua captura de 25.000.00 rupias polas autoridades raccionarias.
É moi estrano, si é certo, que se atopara o corpo do camarada Rawat, xa que é unha practica rigurosa a retirada de mortos ou feridos por parte da guerrilla naxalita. Non hai confirmación polo PCI(maoista).

miércoles, 12 de octubre de 2011

Galiza: Charla-Coloquio sobre a guerra popular na India o vindeiro dia 20.10.11



charla-coloquio




A Guerra Popular na India

20.10.2011  As 20:30 h.
Centro Social Gómez Gaioso
Rua Marconi, baixo (Monte Alto)
A Coruña.

Comité Galego de Apoio a Guerra Popular na India

sábado, 8 de octubre de 2011

India: Atentado mortal contra político do Bharatiya Janata Party.


correovermello-noticias
Jaunapur (Uttar Pradesh) 08,10,11 Un alto dirixente do reaccionario partido BJP, Narendra Patrad Sing foi morto por disparos dun comando de dous homes en motocicleta.
Fontes da policia consultada polo axencia IANS informaron que o politico foi levado ata un hospital do distrito onde faleceu victimas das feridas. Ainda que ninguen ten reivindicado o atentado, a policia afirma que poderia ser un ataque da guerrilla naxalita.

viernes, 7 de octubre de 2011

India: Presos Políticos maoístas doan seus corpos a mediciña.




correovermello-noticias
Patna, 07.10.11
Según fontes da axencia IANS dos altos dirixentes maoistas presos na cadea de Bihar, teñen escrito a Comision Nacional de Dereitos Humans có fin de doar seus corpos ao Hospital de West-Bengal no caso de falecer.
Os dirixentes comunistas, membros do Comité Central do clandestino Partido Comunista da India (maoísta) son os camaradas Purnemdo Sekhar Mukharjee (68)  y Subramanian Varanasi (58).
Según as autoridades penitenciarias é a primeira vez que os maoístas fan tal reclamo.
Ambo-los dous dirixentes maoístas, foron detidos no distrito de Katihar, o pasado 30 de abril nunha operación das forzas especiais da policia.
Esta decisión é particularmente simbolica nun pais como a India, onde a relixion esixe a cremación do corpo. Os maoistas deste xeito, trazan unha liña clara e poñen seus organos ao servizo do pobo para dar vida despois da morte.