sábado, 12 de febrero de 2011

Chhattisgarh: Tribunal Popular libera a cinco polícias detidos.

New Delhi, 11.02.11
Fontes da prensa hindú informan da liberación de cinco efectivos policiais que foran detidos pola guerrilla naxalita o pasado 25 de xaneiro, mentras viaxaban nun autobus no distrito de Narayanpur.
Un Tribunal Popular, Jan Adalat, organizado polos maoístas, no que participaron mais dun millar de campesiños decidiu a sua liberación por non ter causas contra o pobo.
Os cinco detidos foron entregados a unha comisión de activistas pro dereitos humans que estivo presente no xuizo popular.

Correo Vermello /noticias

viernes, 4 de febrero de 2011

India: Executan a dirixente das bandas contra-revolucionarias en Chhattisgarh.


New Delhi, 03.02.11
Un comando do clandestino PCI (maoísta) executó a un importante impulsor e dirixente dunha banda armada anti-maoísta chamada Salwa Judum, no Estado de Chhattisgarh.
Según un reporte da axencia IANS, Nohar Shinh foi tiroteado nunha zona boscosa a 420 km de Raipur, nas cercanias dun campamento da policia militarizada CRPF.

Correo Vermello / noticias.